O libro pareceume unha novela de
fantasía e aventuras moi interesante, gústame moito a trama e como se desenvolve. Xa teño ganas de
ler o seguinte libro para saber que acontece con Hadrián e Mónica.
Para min o
momento máis importante do libro é cando Hadrian e Mónica están atrapados nas
catacumbas de San Pedro e, xa sen ningunha esperanza atopan a cova de Dragal. É
o meu momento favorito porque durante todo o tempo que souben que existía esa
cova tiña intriga de como sería e que pasaría nela.
Os personaxes principais son Hadrián e
Mónica e tamén son os meus favoritos, xa que me gusta a súa personalidade e o
seu carácter. Son dous rapaces moi valentes afeccionados á aventura e o
misterio.
A novela non é moi difícil de ler e o
vocabulario é fácil de comprender e de resumir, e por iso volo recomendo para unha lectura entretida.
Uxía Beiras Rivas (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario