Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 18 de mayo de 2021

Book tráiler (LXVII): Be Water, de Antía Yáñez. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Be Water, de Antía Yáñez (Cuarto de inverno, 2019). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

 


Balda de Libros (XVII): Iridium, de Francisco Castro

Iridium. Francisco Castro. Galaxia 

Este libro gustoume moito, xa que fala dunha rapaza chamada Iris que sufriu un tráxico accidente, o que lle causou un dano cerebral e quedou en coma durante sete meses, sete meses nos cales os seus familiares máis achegados pensaban que morría, e decidiron empezar a refacer a súa vida. 

Mais, pouco despois, Iris espertou do coma e tívose que enfrontar coa súa nova vida, a súa superación diaria, e as discriminacións por parte dos seus compañeiros da escola. A rapaza refúxiase nunha conta de Instagram co nome de Iridium e comeza a seguila moita xente. O nome da conta débese ás cores dos seus ollos a causa dunha condición xenética chamada heterocromía iridium. 

Paréceme un libro que fala de cousas de hoxe en día, como son as redes sociais, neste caso o Instagram. Pero que detrás dunha conta de Instagram que teña moitos seguidores, ou ben teña moitas visualizacións e “gústames” nas súas publicacións, tamén hai unha persoa que ten problemas como o resto das persoas. Isto fainos entender que non todo o que nos pintan nas redes sociais é verdade. 

A miña personaxe preferida é Iris, xa que loita por volver a valerse por si soa e porque todos a volvan tratar como de costume. 

O libro é curto e moi sinxelo de ler e non ten problemas na comprensión da escrita. 

Sara González Castro (3º ESO)