Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 18 de outubro de 2021

Book tráiler (I): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Realizado por Sonia Muíño Riomayor

 

 

«Entendemos por booktrailer en el contexto escolar, que es el que nos ocupa, un vídeo elaborado por estudiantes de Secundaria (o de Primaria), a partir de la lectura de un libro de ficción. La finalidad del cortometraje es convencer a los iguales de que vale la pena leer el libro en cuestión. Hay implícitas, por tanto, como quedará patente más adelante, las ideas de lectura (e interpretación, con toda su ambigüedad), de elaboración conjunta (por el volumen de trabajo que supone) y, por último de significatividad.» (Booktrailers en el aula: una mirada diferente a la lectura, Joan Bustos, revistababar.com)

Neste curso 2021/2022 continuaremos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado da ESO, de maneira voluntaria, realizará breves BOOK TRÁILERS sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega.

Nesta sección denominada Book tráilers a primeira alumna en achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho de realización youtubeira foi Sonia Muíño Riomayor (4º ESO), desta volta sobre a novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (col. Biblioteca Neira Vilas, Galaxia, 2016).