Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



Amosando publicacións coa etiqueta novela gráfica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novela gráfica. Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de decembro de 2012

Agradecemento de Alfredo López "Tokio"




O ilustrador Tokio (pseudónimo artístico do biólogo mariño Alfredo López), que tivo un encontro connosco para falar da novela gráfica Cabana de Balieiros, enviounos esta mensaxe de agradecemento. Velaquí: 

Olá:

Moitas grazas, fiquei moi contento do recibimento e da participación, tamén de saber que o conto deu que reflexionar e para debater, é o mellor premio!
 
 Ademais agora xa sei onde está Trazo, volvín por Chaián, cantas lembranzas dos traballos desenvolvidos no Tambre alá polo 1992.

Saúdos para tod@s.

Tokio

mércores, 19 de decembro de 2012

Encontro con Alfredo López "Tokio", biólogo mariño e autor da novela gráfica Cabana de balieiros


Onte tivo lugar un encontro do alumnado de 3º, 3º PDC e 4º da ESO co autor de banda deseñada Tokio (pseudónimo artístico do biólogo mariño Alfredo López), para falar da novela gráfica Cabana de Balieiros, publicada por Demo editorial, e tamén da súa aprendizaxe e posterior evolución no mundo da ilustración.Lembrounos os seus primeiros debuxos no Instituto, as primeiras colaboracións en fanzines e revistas e xa logo como chegou a vivir profesionalmente do seu traballo como ilustrador científico.
Deseguida recuperamos un anaco da anotación de fixemos o curso pasado sobre a publicación da novela gráfica gráfica Cabana de Balieiros:
"No trailer as ilustracións aparecen con música de Manel Cráneo. Non debería faltar en ningún andel de libros e en ningún centro de ensino esta novela gráfica que conta unha historia de acción e aventuras ambientada na Costa da Morte durante o século XIX. Os trazos de Tokio son espléndidos, non o imos descubrir agora, e o guión está moi ben documentado, mesmo con referencias a acontecementos históricos como a traxedia do buque Serpent a carón do cabo Vilán (Camariñas)".
E moitas grazas a Alfredo López Tokio por se achegar ata Viaño Pequeño (Trazo) desde os nosos mares do Sur de Galicia.



martes, 4 de outubro de 2011

Cabana de Balieiros, novela gráfica de Tokio




Velaquí un book-trailer ou video promocional da novela gráfica Cabana de Balieiros, do autor Tokio (pseudónimo de Alfredo López), publicada por Demo editorial. No trailer as ilustracións aparecen con música de Manel Cráneo. Non debería faltar en ningún andel de libros e en ningún centro de ensino esta novela gráfica que conta unha historia de acción e aventuras ambientada na Costa da Morte durante o século XIX. Os trazos de Tokio son espléndidos, non o imos descubrir agora, e o guión está moi ben documentado, mesmo con referencias a acontecementos históricos como a traxedia do buque Serpent a carón do cabo Vilán (Camariñas)