Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 25 de marzo de 2014

Balda de Libros (XLVII): A desaparición de Evelyn, de Xulio Ricardo Trigo



O libro en xeral gustoume, pero fíxoseme un pouco difícil de ler, porque hai saltos no tempo grandes. Tamén porque corta a historia e a remata máis adiante o que fai que se confundan cousas. É un libro que ten moitas descricións, e é algo que non me gusta demasiado. 

A parte que máis me gustou foi o final porque te ten en tensión ata que sabes o que acontece con Evelyn. 

É un libro fácil de ler con respecto ao vocabulario, xa que non hai moitas palabras que descoñecera. 
Cambiaría a maneira na que contan a historia porque se fai algo liosa. Recomendaríao pero léndoo con calma para non mesturar datos.

Marta Otero Ramas (4º ESO)

Balda de Libros (XLVI): Arredor de si, de Ramón Otero Pedrayo



Este libro pareceume moi interesante, xa que fala dos autores da Xeración Nós. Sempre é bo saber sobre aqueles homes que defenderon a súa lingua con moita honra.

O final está moi ben por min non llo cambiaría, é un libro moi dificil de ler, xa que tes que tes que estar moi concentrado para poder comprendelo.

Non me gustou moito cando Adrián está en Francia porque fala moito da cultura,da arquitectura e dos lugares que percorre coa Marquesa.

Tiven que poñer moita atención porque senon liábame pero encántame afrontar estos retos porque me enriquecen moito o dominio da lingua galega e sobre todo interésame moito pola crise que pasou esta lingua materna de Galicia.

Luisa Fernanda Marin Echeverri (4º ESO)

Balda de Libros (XLV): Pacto de sangre, de James M. Cain


A min persoalmente este libro gustoume, aínda que ao principio as cousas non cadran, e dan ganas de deixar de lelo, pero en canto empezan as sorpresas veñen todas xuntas. 

O que non me gustou moito foron os diálogos, porque son moi longos ou moi curtos, e ademais a maioria das veces non te enteras de quen está falando xa que non pon o autor cousas coma "E díxome" ou expresións que che indiquen quen poida tar a falar. 

Polo resto a mín o linro gustoume e recoméndollo a quen lle guste o suspense.

Brais Rey Calviño (4º PDC)

Balda de Libros (XLIV): Amigos robots, de Isaac Asimov



Este relato está muy bien porque es corto, fácil de leer, es un cuento de ciencia ficción, habla de robots y de coches que se valen por si sólos.

A mi me gusta mucho porque habla de coches que andan sólos y eso en mi mente es el futuro. El primer relato cuenta la historia de un robot que es amigo de una niña y eso es muy bonito porque la amistad es algo muy serio y esa niña era muy amiga del robot.

No me gustó nada que la niña no tuviera más amigos que el robot porque hay que relacionarse con otros niños.

Martín Mesías Remuiñán (4º PDC)