O libro en xeral gustoume, pero fíxoseme un pouco
difícil de ler, porque hai saltos no tempo grandes. Tamén porque corta a
historia e a remata máis adiante o que fai que se confundan cousas. É un libro
que ten moitas descricións, e é algo que non me gusta demasiado.
A parte que
máis me gustou foi o final porque te ten en tensión ata que sabes o que acontece
con Evelyn.
É un libro fácil de ler con respecto ao vocabulario, xa que non hai
moitas palabras que descoñecera.
Cambiaría a maneira na que contan a historia
porque se fai algo liosa. Recomendaríao pero léndoo con calma para non mesturar
datos.
Marta Otero Ramas (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario