Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 22 de maio de 2013

Coñecendo a Pedro (e a Judd)

En 1994 Pedro Zamora participa en ‘The Real World’, un programa da MTV no que un grupo de persoas comparte casa durante 6 meses. Era un xoven de 22 años de orixe cubana, homosexual e seropositivo dende os 17, que desexaba entrar para sensibilizar aos espectadores sobre a prevención e loita contra a sida. Faleceu pouco despois de finalizar a rodaxe a causa da enfermidade. A súa muerte conmocionou a todo un país, convertíndose nun símbolo de valentía e entrega aos demais. O escritor e debuxante Judd Winick foi outra das persoas que participaron naquel programa, chegando a ser un gran amigo de Pedro. Judd quiso rendirlle homenaxe creando o cómic ‘Pedro y yo’, un emocionante testimonio de amizade e loita contra os prexuizos. No Club de lectura de 3º e 4º de ESO estamos a disfrutar desta lectura. Lembrade que temos reunión este venres no recreo da mañá. Para @s interesad@s en coñecer máis sobre o libro, hai varios exemplares á vosa disposición na biblioteca, a partir da vindeira semana.