Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 18 de xaneiro de 2019

Andel de Libros (XVII): A neve interminable, de Agustín Fernández Paz




A neve interminable pareceume un bo libro, porque relata ben o contido.
Fai sentir un pouco de inquedanza ao falar d@s pantasmas. Tamén me gustou que o fixese parecer un suceso real e o mellor pareceume que foran as historias que contaban mentres non podían saír fóra da casa.

O que non me gustou moito foi a portada xa que cando se colle o libro por primeira vez semella que ocorreu un suceso na neve coma un asasinato, un misterio sen resolver, ou algo así xa que despista que aparezan unhas pingas de sangue na neve.

Sobre as personaxes gustáronme en especial Ruth e Alba Novo (a protagonista). Pero eliminaría personaxes que non son fundamentais coma Diego e Irene. As pantasmas Sabine e Damián están ben e ambientan a historia.

O espazo onde ocorren os feitos está ben, quero dicir que me parece un espazo que intenta ao meu parecer facer da historia máis crible. Pero cambiaría o de que estivesen na soidade e non nun pobo, xa que ao mellor se lle sacaba máis xogo ao ter máis personaxes.

Eu de todos os modos faría algúns pequenos cambios pero aínda así segue sendo un libro fácil de comprender, con vocabulario a maioría das veces comprensible pero outras veces hai que botar man do dicionario, ademais é rápido de ler.

Eu recomendo este libro.

Mirian Otero Sande (3º ESO)


Ola amig@s! Son Ahinoa e hoxe tocoume falar dun libro que non me gustou moito, A neve interminable. O tema principal deste libro son os vampiros, xa que dous dos protagonistas o son. Como xa dixen este libro  trata de vampiros e non é un tema que  me guste moito pero ainda así as partes que non tratan deses temas están moi ben, xa que é unha temática moi interesante e divertida.

Para min o momento máis importante é cando descobren que Damian e Sabine son vampiros e que queren matar os hóspedes do hotel, e se queres saber se ao final o conseguen terás que ler o libro.

O final gustoume bastante xa que non é aberto e ademais é moi axeitado xa que é feliz e descobren todo o que ten que ver con Sabine e Damian.

Non teño persoaxe favorito, pero si uns que non me gustan nada e eses son Sabine e Damian, xa que me parecen moi falsos e malos, aínda que ao principio empecen sendo moi bos con todos os hóspedes do hotel, sobre todo con eles cinco.

O vocabulario do libro é bastante fácil, só ten algunhas palabras algo difíciles de comprender.

Ahinoa Antelo Rodríguez (3º ESO)