Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 11 de marzo de 2013

Andel de Libros (XXXIV): Poderosa 2, de Sérgio Klein





Hai moitos momentos deste libro que me gustan pero entre os que máis me gustan están cando João bica a Joana a pesar de que é unha anciá de 70 anos e lle di que ela está guapa de calquera maneira e tamén cando Joana cumpriu o seu desexo de durmir un sono neutro, sen pesadelos, xa que había moito que non o facía e recostándose no colo da avoa Nina, durmiu profundamente.
O libro gustoume moito, aínda que non tanto coma o primeiro volume xa que o primeiro foi dos libros que lin en galego que máis me gustou.
Como cambios neste libro non faría ningún moi importante, salvo  que eu faría que a historia fose máis alegre,  xa que ás veces faise moi triste.
A historia foi moi fácil de entender, incluso máis quen o primeiro, xa que neste non se mesturan tantas historias coma no outro. 
A lingua tamén foi moi fácil de entender, xa que non é unha linguaxe moi culta.  

Cristina Deus García (3º)

Andel de Libros (XXXIII): A noite que Wendy aprendeu a voar, de Andreu Martín



A noite que Wendy aprendeu a voar, Andreu Martín, col. Fóra de Xogo, Xerais.


A miña valoración persoal respecto este libro é moi positiva.
De feito, foi un dos libros que me pareceron máis interesantes de todos os que lin. Porque neste libro atopas aventuras, misterio, amor, envidia, maltrato... paréceme unha historia moi completa.
Ademais, eu son unha fan das novelas policíacas.
O final prefiro o que ten o libro, un final bo e xusto, e non como o meu, que é moi triste e  desgraciado para a protagonista, Wendy, e para os que a rodean como Roger ou Momo, que se uniron moito a Wendy e a queren moito.
Recomendaríavos que lerades A noite que Wendy aprendeu a voar, porque se entende moi ben e cando empezas a ler este libro, non podes parar, e tampouco sabes o que vai acontecer no próximo capítulo. A min pareceume moi interesante.

Belén García Lijó (3º ESO)

O libro ao principio pareceume que non me ía gustar moito pero equivocábame porque está ben, só que ao final pareceume algo lioso e confuso, pero en xeral enténdese ben, non ten vocabulario difícil. Gústame como o autor presenta os personaxes; preséntaos ben e moi detalladamente e di como son físicamente.
Non me gustou moito que os capítulos non tivesen nome, se o tivesen sería mellor polo menos pola miña parte. Que o libro tivese bastante diálogo está ben porque os diálogos a min gústanme moito. Fíxoseme entretido de ler porque me provocaba intriga.
A escena que máis me gustou foi na que Mon lle quitara o diamante a O Garrao e dixo que o tragara pero finalmente non o tragara, que o tiña no peto. Outra escena que me gustou foi a de cando Roger se lle declarou a Wendy porque viu que con Andrea non tiña posibilidades e Wendy lle dixo que non.

Martín Rouco Casal (3º ESO)



O libro pareceume moi aburrido, xa que non te podes perder ningún detalle. Polo medio perdinme un pouco, polo que non foi moi doado entender a que se refería a historia.
O que máis me gustou do libro foi o principio, porque explican máis detalles sobre as personaxes e da historia en concreto. Para min foi un dos libros que menos me gustou.
Non me gustan os libros con policías e así. Prefiro libros de misterio ou de historias máis actuais. A personaxe que máis me gustou foi a personaxe principal, Wendy.
Escollín este libro porque me parecía polo título de aventuras. Ao principio como xa dixen antes gustoume máis. A outra escena que me gustou moito foi cando Garrao secuestra a Wendy e intentá matar. Se poidera cambiar algo cambiaría un pouco o medio porque non se entende o que quere o contido.
 
Daniel González Iglesias (3ºESO)

Andel de Libros (XXXII): Memorias de Tains, Gonzalo R. Mourullo





A min este libro gustoume. Este é un libro de relatos, todos os relatos son cartas.
O relato que máis me gustou foi o primeiro, este relato tamén foi o que ao principio me resultou máis difícil de ler. O relato de “Carta de S.” tamén  foi un dos que máis me gustou, eu non pensaba que o final deste relato fose así.
O relato que menos me gustou foi o de “Carta de un amigo” porque o home acaba berrando coa muller no hospital.     
A min este libro non me resultou difícil de ler, aínda que había algunhas palabras que non lle sabía o significado e tiven que buscalo no diccionario.
Eu non cambiaría nada deste libro, porque xa me gusta así, tal e como é. Eu penso que este libro lle pode gustar a unha persoa que lle gusten os libros de relatos.

Alicia Veiras Noya (4º ESO)


A min o libro segundo o fun lendo foime parecendo máis e máis intrigante para ver como acababa cada relato.
Ao rematalo sinceramente non me produciu ningunha sensación nin sentimento.
Cambiaría algunhas cousas del, pero en resumo non está demasiado ben. Lieime algo porque conta diversas historias e faime liarme as cousas.
Outra cousa que non me gusta é que non utiliza nomes, iso lía as cousas cando tes que facer un resumo dos personaxes.
En definitiva non está mal pero tampouco me gustou.
Este libro se lle cambias algunhas cousas non está de todo mal, a quen lle guste perfecto pero a min non me gustou porque non é o tipo de libros que me gustan ler.

Ricardo Rodríguez Paredes (4º ESO)

Para min o momento máis interesante foi saber como foi evolucionando o pobo de Tains, xa que comeza sendo unha aldea pequeniña, e acaba sendo un pobo grande.

Interesoume o momento no que os nenos tiran ao pintor por un pozo, dicindo que era o seu Castelo, e sorprendeume que uns rapaciños fixeran iso. 
Faría moitos cambios, xa que por momentos o libro faise moi difícil de seguir. O primeiro cambio sería o de cambiar moitas palabras que non entendo, e outro sería a organización, porque acabei algo confundido.
Na miña opinión foi bastante difícil de ler, xa que é bastante antigo, é de mediados do XX. Como xa dixen, en momentos foi moi difícil de ler, porque o argumento fai cambios moi repentinos, e é moi repetitivo.

 

Leandro Fernández Döpper  (4º ESO)