Hai
moitos momentos deste libro que me gustan pero entre os que máis me gustan
están cando João bica a Joana a pesar de que é unha anciá de 70 anos e lle di
que ela está guapa de calquera maneira e tamén cando Joana cumpriu o seu desexo
de durmir un sono neutro, sen pesadelos, xa que había moito que non o facía e
recostándose no colo da avoa Nina, durmiu profundamente.
O
libro gustoume moito, aínda que non tanto coma o primeiro volume xa que o
primeiro foi dos libros que lin en galego que máis me gustou.
Como
cambios neste libro non faría ningún moi importante, salvo que eu faría que a historia fose máis
alegre, xa que ás veces faise moi
triste.
A
historia foi moi fácil de entender, incluso máis quen o primeiro, xa que neste
non se mesturan tantas historias coma no outro.
Cristina Deus García (3º)
1 comentario:
Gustame a valoracion persoal creo que no 3º trimestre o escolla para facer un traballo
Publicar un comentario