Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 26 de febreiro de 2020

Book tráiler (XLV): “Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras. Realizado por Erika Grela Bello



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Erika Grela Bello, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XLIV): “Unha branca de cobre para Martiño", de Ramón Carredano Cobas. Realizado por Iker Señarís Suárez




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Unha branca de cobre para Martiño, de Ramón Carredano Cobas (col. Merlín. Xerais, 2005). Realización youtubeira: Iker Señarís Suárez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XLIII): "Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo)", de Marcos López Concepción. Realizado por Sergio Señarís Suárez




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo), de Marcos López Concepción (col. Árbore, Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Sergio Señarís Suárez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



“Unha vez tiven un cravo” na voz de David Rodríguez Blanco



Unha vez tiven un cravo” na voz de David Rodríguez Blanco (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

Unha vez tiven un cravo

Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal chorou Madanela na pasión.
Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición”.
E doumo Dios, arrinqueino,
mais…¿quen pensara…? Despois
xa non sentin máis tormentos
nin soupen que era delor;
soupen só que non sei que me faltaba
en donde o cravo faltou,
e seica, seica tiven soidades
daquela pena…¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quen o entenderá, Señor…!

Fragmento de “Castellanos de Castilla” na voz de Uxía Beiras Rivas e seu irmán Tomás



Fragmento de “Castellanos de Castilla” na voz de Uxía Beiras Rivas (3º ESO) e seu irmán e ex-alumno Tomás Beiras Rivas. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

Castellanos de Castilla

Castellanos de Castilla,
Tratade ben ós gallegos;
Cando van, van como rosas,
Cando vên, vên como negros.

Cando foi, iba sorrindo;
Cando veu, viña morrendo;
A luciña d’os meus ollos,
O amantiño do meu peito.

Aquel máis que neve branco,
Aquel de doçuras cheyo,
Aquel por quen eu vivia
E sin quen vivir non quero.

Foi à Castilla por pan,
E saramagos lle deron,
Déronlle fel, por bebida,
Peniñas por alimento.

Déronlle en fin, canto amargo
Tén a vida no seu seo....
¡Castellanos, Castellanos!
Tendes corazón de ferro.

Ay! No meu corazonciño,
Xa non pode haber contento,
Qu’está de dolor ferido,
Qu’está de loito cuberto.

Morreu aquel qu’eu quería,
E, para min, n’hai consuelo,
Sólo hai para min, Castilla,
A mala lei que che teño.

Premita Dios, castellanos,
castellanos que aborreso,
que antes os gallegos morran,
que ir a pedirvos sustento.

(...)

“Campanas de Bastabales” na voz de Vanessa Gutiérrez Castiñeiras, nai de Sara Pena Gutiérrez


Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de Vanessa Gutiérrez Castiñeiras, nai de Sara Pena Gutiérrez (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

Campanas de Bastabales

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

“Quíxente tanto, meniña” nas voces de Gabriella González Lamas e Lucía González Castro


Quíxente tanto, meniña nas voces de Gabriella González Lamas e Lucía González Castro. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

[Quíxente tanto, meniña...]

«Quíxente tanto, meniña,
tívenche tan grande amor,
que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;

augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón».

Así che falín un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión,

mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol,
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.

Dempois que si me dixeches,
en proba de teu amor
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.

¡Negro caravel maldito,
que me fireu de dolor!
Mais a pasar polo río,
¡o caravel afondou!...

Tan bo camiño ti leves
como o caravel levou.