“Quíxente
tanto, meniña”
nas voces de Gabriella González Lamas e Lucía González Castro. CPI
Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020.
#ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia
[Quíxente
tanto, meniña...]
«Quíxente
tanto, meniña,
tívenche tan grande amor,
que para min eras
lúa,
branca aurora e craro sol;
augua limpa en fresca
fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida
do meu corazón».
Así che falín un día
camiñiño de San
Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de
pasión,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha
frol,
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban
traiciós.
Dempois que si me dixeches,
en proba de teu
amor
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.
¡Negro
caravel maldito,
que me fireu de dolor!
Mais a pasar polo
río,
¡o caravel afondou!...
Tan
bo camiño ti leves
como o caravel levou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario