Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 8 de xuño de 2017

Andel de Libros (XLVI): Lena e o lobishome, de Carlos Laredo



                                                     LENA E O LOBISHOME
                                                             Carlos Laredo

O libro en si gustoume, porque ten un tema moi ben escollido, non decae en ningún momento, como pasa con moitos outros, e a única pega que lle poñería é que o final é bastante malo.

O tema do libro gustoume porque hai moi poucos libros así. O momento máis importante foi cando Lena decidiu ir onda a Bruxa, porque senón non se entendería nada na historia.

O libro non decaeu en ningún momento, mantivo sempre bastante suspense. O final pareceume moi “soso”, porque non ten apenas acción e non queda moi claro o que pasa con Ander.

Os personaxes estaban moi ben plantexados, e hai moi poucos que sobran ou que non fagan falta.

Ten unha lingua facilísima de entender, apenas hai palabras raras ou expresións difíciles, sendo unha lingua apta para todos os públicos.

Recoméndolle este libro á xente que lle guste o suspense e o misterio, porque podo asegurar que neste libro non falta.

Eloy Castro Deus (3ºESO)
                                                                                                                         
É unha novela xuvenil moi fácil de ler aínda que moi longa para o meu gusto. Non deixa de ter moitos acontecementos fantásticos que te enganchan cada vez máis e máis ata que non es capaz de deixar a lectura mentres non chegas ao final do libro ou mesmo do capítulo. 

Eu non son amigo de ler, pero en cambio esta novela encantoume e fíxome sentir cousas que nunca antes sentira. Só lle cambiaría o final xa que non me afago a idea de que Lena e Ánder se separen e non se volvan a ver, senón que me gustaría que ambos os dous mostraran o seu amor a todo o mundo e que vivisen os dous xuntos en familia ou en Frades ou fóra noutra vila galega. 

Recomendo este libro a xente que lle guste ler para empezar, e ademais, á xente que lle guste o misterio, a intriga e algo de terror sobre todo ao final cando Lena e Ánder están na cova. Por certo esta é a miña escena favorita da novela.


Carlos Dafonte Rodríguez (3º ESO)