Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 6 de febreiro de 2018

Conta de Libros (XVII): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas




O corazón de Xúpiter. Ledicia Costas. Xerais

A min gustoume moito este libro porque reflicte unha rapaza máis ou menos da nosa idade que lle pasaba cando se tiña que mudar tamén que tiña problemas cos compañeiros, cun rapaz que ao final case eran dous porque Diego tamén tiña a súa parte boa para Isla.

Eu o que lle cambiaría ao libro era que na festa que non foi Diego pois que fora e que tamén fora Xúpiter, e que Isla pasara de Xúpiter e que se enredara con Diego, Xúpiter se enfadara pero despois ao contarlle que lle gustaba Diego que o entendera e quedaran como amigos.

A min así pareceriame máis real pero polo resto encantoume o libro e recomendaríallo a calquera persoa porque é moi divertido e ademais fala por unha web moi parecida ao direct de Instagram. Por esta razón tamén parece moito máis divertido para nós, xa que podemos ler conversacións dunha rapaza cun rapaz que en principio se gustan e despois cando se muda pois tamén reflicte o que che pode pasar a ti e como botas de menos a esa persoa da que eras amiga e a querías moito.

Vannia Antelo Iglesias (3º ESO)


Este libro gustoume bastante, conta unha historia de superación, dunha rapaza que cambia de casa e aínda por riba métense con ela, pero iso supérao. O que non supera é o ”amor da súa vida:  Xúpiter”. 

O momento máis importante para min é cando coñece a Xúpiter, xa que tiña tantas gañas de velo que fixo o que puido e máis , pero resultou ser todo unha mentira. Xúpiter non era quen dicía ser, un mozo guapo e da idade da protagonista, era un señor vello, que matara anteriormente a súa nai, non estaba ben da cabeza.

A miña personaxe favorita é Isla porque demostra valentía ó enfrontarse a todos os problemas que lle van sucedendo.

Sorpréndeme o seu final, pois con isto aprendes que na internet non hai ninguén de fiar, xa que podes pensar que falas cun médico e falas cun neno que gasta bromas. Así a todo, o final non me parece axeitado, porque unha historia así non pode acabar coa morte de Isla, tería que salvarse e adicar a súa vida a advertir dos perigos da internet a nenos.

O vocabulario é fácil e o libro engancha, dende os primeiros capítulos non podes parar de ler.

Damián Dafonte Rodríguez (3º ESO)

O libro foi moi dinámico a verdade, gustoume moito os enredos da protagonista que se imaxinaba a súa realidade como se fora un universo e comparando a súa vida con historias mitolóxicas gregas.
O que menos me gustou foi o carácter da rapaza, para min era unha parva xa que non se daba conta que era un farsa cando chateaba cun descoñecido e que nalgún momento podía pasarlle algo malo, pelexaba dicindo que amaba moito a Xúpiter e despois no final morre por non ser precavida.
Pero a historia é moi fermosa, sendo unha traxedia, é o primeiro libro que me fai chorar algunhas veces (só no final) e sempre me quedei enganchada na lectura porque quedei interesada no que ía pasar despois.
Non faría ningún cambio no libro pero o final quedaría chulo para animar se logo rescata a moza e viven felices para sempre.
Podo dicir con sinceridade que recomendo totalmente ler este libro porque é moi fantástico, xa que se ver a nosa realidade do mundo con fantasías sobre o universo noutra perspectiva.

Eduarda Andrade Marinho (3º ESO)