Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 29 de maio de 2015

Andel de Libros (XXX) : Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz



O libro a min persoalmente gustoume moito. O título e a portada xa me chamaron a atención, porque o título Fantasmas de luz pareciame un pouco raro e na portada aparecía un home invisible rodeado de persoas que non eran invisibles.

Gústame porque un dos temas que trata o libro é a marxinación social que senten algunhas persoas. Tamén me gustou o tema do cine, que falase das películas e que tamén falase algo de si mesmo. Este libro engancha porque ten momentos de intriga e de emoción, xa desde o principio. Un momento de intriga e emoción foi cando entraron na casa onde había máis xente invisible pero que alí na casa si que se vía.

Para min o momento máis interesante do libro foi cando recibe a carta do seu xefe para falar con el, porque nunca recibira unha igual na súa vida. Este libro recomendariallo a xente que lle gusta ler e que lle gusten que traten os temas sociais como é a discriminación por cor, raza, sexo… dunha forma humorística.

José Luís Mirás Otero (3º ESO)

mércores, 20 de maio de 2015

Andel de Libros (XXIX): Os homes só contan até tres, de Antón Lopo



O libro gustoume bastante porque cara ó final empézase a poñer moi interesante xa que ó principio non te esperas que a historia dea un xiro tan grande. Non esperaba moito deste libro pero cando o rematei sorprendeume como o autor fai unha mestura sobre os xéneros como: dramas, suspense, terror, etc… 

Pareceume un libro moi sinxelo de comprender xa que non ten moitas complicacións no vocabulario e moi rápido de ler debido a ese vocabulario coloquial. Non me gustou que houbera páxinas que só tiñan a metade da páxina escrita ou só tiñan unha liña.

O final é o que máis me gustou de todo o libro debido a que non te esperas o que acontece e menos como Helena quere desfacerse do cadáver. Persoalmente, gustoume que o autor rompa coas historias con finais felices e engada outro tipo de final nas historias de amor.

Recomendaría este libro a xente que lle guste as historias con personaxes con características psicópatas (como no caso de a protagonista Helena no final).

Daniel González Iglesias (4ºESO)

xoves, 7 de maio de 2015

Andel de Libros (XXVIII): O achado do castro, de Manuel Núñez Singala



A min persoalmente, este libro gustoume moito, xa que é moi divertido, e este tipo de libros encántanme. Ademais tamén emprega anacronismos, o que fai que a obra de teatro, teña un aire máis actual, pese a estar situada noutra época.

A escena máis importante penso que é a do final, xa que nela soluciónanse todos os problemas: O Emperador e Carmiñae van casar, e danlle permiso ós fillos para facelo tamén, Catulo e Caleno son sorprendidos roubando, e o escravo queda libre.

O tema é moi emocionante, xa que dende o momento que comezas a lelo non podes parar, porque queres saber en todo momento o que vai acontecer.

Nesta obra de teatro non faría ningún cambio, o final deixaría o do libro, e non o que inventei eu, e o demais paréceme que está moi ben así. Hai poucos personaxes, e están moi ben definidos, lese moi rápido, xa que está escrita para ser representada, ademais a presenza de anacronismos fai que sexa moi orixinal.

Con respecto á lingua, foime moi fácil de entender, e pese a que había algunhas palabras das que descoñecía o seu significado, sacábanse facilmente polo contexto.

Este libro recomendaríallo a calquera persoa, aínda que non lle guste moito ler, xa que se pasa un bo momento, e lese rapidamente.

Jennifer López Becerra (4º ESO)

A min esta obra pareceume moi graciosa e moi entretida polas súas reviravoltas e os seus momentos cómicos. Encántame como os personaxes aproveitan cada ocasión por seria que sexa para soltar un chiste ou crear unha situación cómica que sexa entretida para todo o público que o estea vendo e así poder emocionalos ou facelos rir a cachón.

O meu momento preferido foi cando Caleno lle le as lecturas en latín ao emperador e como non tiña nin idea de latín comézalle a soltar cantares populares galegos e cancións populares, como a “Saia de Carolina” ou “Polo río abaixo”, pero o emperador non se decata porque el non ten nin idea de latín.


É unha obra fácil de ler e entretida, representada ten que ser moi animada se os actores se meten no papel e fan un pouco o parvo. Animo a todas as persoas a lela ou vela e a gozar dela coma o fixen eu.

Tomás Beiras Rivas (4º ESO)


A min este libro gustoume moito xa que é un libro moi entretido e gracioso que se che fai moi curto e desexarías que continuase.

A escena que máis me gustou foi cando o Manolitus lle ía dicir a Carmiñae que tiña ganas de mexar e ela pensaba que se lle ía declarar e estaba toda nerviosa.

A escena que menos me gustou foi cando Citrón é substituído por Caleno xa que non me ten moito sentido porque se ía notar claramente a diferenza sen ter que pescudar moito.

Ten un vocabulario moi sinxelo e fácil de entender sen palabras cultas nin complexas.

Eu este libro recomendaríallo a calquera persoa que me preguntase por un libro de teatro para ler ou para representar xa que a calquera persoa sen excepción lle pode gustar.

A min persoalmente gústanme moito os libros de teatro xa que son moito máis dinámicos que as novelas ou a poesía.

Miriam Baleato Fraga (4º ESO)


Este libro gustoume moito xa que mestura cousas da era do Imperio Romano coa actualidade como por exemplo: cando fala do reloxo dixital e despois do triclinium.

A parte que máis me gustou foi cando o emperador se caga en Nápoles, xa que é moi divertido porque non para de dicilo cada vez que Carmiñae e Manolitus falan de cómo se namoraron. Tamén me gustaron moito as discusións de Catulo e Caleno, xa que son moi tontas pero causan moi graza.

E a que menos me gustou foi cando Arpexia e o Emperador van casar, xa que me gustaría un final máis tráxico, como por exemplo, que Carmiña e o Manolitus escapasen para casar e despois o Emperador os encontrase e os matase.

Este libro recomendaríallo a todas as persoas que coñezo, xa que é un libro moi divertido, entretido e curtiño. Dos catro libros de teatro que lin foi un dos dous primeiros que máis me gusta, o outro é o de Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro.

Sandra Noya Redondo (4º ESO)


Esta obra de teatro gustoume moito, porque é moi divertida e entretida. Este libro recomendaríallo ler a calquera persoa que estea un fin de semana aburrido sen nada que facer, porque pasará un moi bo momento.

Esta obra está moi ben escrita, pero o único problema que lle encontro é que non se representa cando Citrón vai buscar a Arpexia. Esa escena tamén se podería representar, xa que, se só nos conta o narrador como sucede, temos unha idea só, pero se a representan creo que xa temos unha imaxe.

O vocabulario desta obra é moi fácil de entender, e non hai ningunha palabra estraña, polo que este libro será fácil de ler. Gustaríame ver esta obra representada, xa que me riría un anaco,porque ten escenas moi graciosas, sobre todo no segundo acto desta obra teatral.

Polo xeral este libro gustoume moito e paseino moi ben lendo cos meus compañeiros na clase.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (4º ESO)


O libro pareceume moi divertido e moi fácil de ler, ademais, ao lelo na clase, fíxose máis fácil de entender e era máis divertido xa que cada un interpretaba unha personaxe e era máis gracioso que se o les ti na túa casa para ti mesmo.

O que máis me gustou do libro foron as partes graciosas, como cando Caleno e Catulo discuten porque non conseguen nada ou cando o outro ten ganas de ir ao baño e o emperador o quere matar se volve dicir iso outra vez.

O que menos me gustou foi o final, porque sempre todos son felices e gústame moito máis o que fixen eu xa que o emperador acaba destronado e polo menos acaba un personaxe triste. No resto da obra non lle cambíaria nada e o vocabulario é fácil de entender.

Adrián Ríos González (4º ESO)

Andel de Libros (XXVII): Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand (Adaptación: Paulino Pereiro e Francisco Pillado)


Cyrano de BergeracEdmond Rostand (Adaptación: Paulino Pereiro e Francisco Pillado), Baía Edicións

A min persoalmente, este libro gustoume moito, xa que amosa o que é capaz de facer unha persoa con tal de poder falar ou estar coa  persoa que lle gusta, e ademais sen traizoar a un amigo. No caso desta obra de teatro, vemos como Cyrano lle axuda ó seu amigo Cristián a conquistar a Rosana, pese que el tamén estaba namorado dela.

O tema principal penso que é, como ben dixen antes, o amor e a amizade, aínda que a guerra tamén xoga un papel importante.

A obra ten un carácter triste, porque ten moita relevancia a guerra, na que morre Cristián, e logo ó final, tamén morre Cyrano.

A escena máis importante penso que é cando Rosana, logo de tantos anos, descobre que era Cyrano quen escribía as cartas, e non Cristián, como ela pensaba. Pero a alegría duroulle pouco tempo, xa que dende que o descubriu, Cyrano morreu en cuestión de minutos.

Nesta obra, só cambiaría un aspecto, que sería darlle máis relevancia ó nariz de Cyrano, xa que para a miña idea é un tema esencial, e menciónase apenas un par de veces.

A lingua foime moi fácil de entender, xa que utilizan unha linguaxe propia do uso diario, e apenas hai palabras das que descoñecía o seu significado, das cales, moitas se sacan polo contexto no que se atopan.

Jennifer López Becerra (4º ESO)

Andel de Libros (XXVI): A piragua, de Cándido Pazó



A min este libro gustoume moito, aínda que houbo algunhas partes do libro que non me gustaron moito, como por exemplo, cando Delio mata a Guzmán e ademais cando se mostran os momentos nos que Delio trata mal a Rosa. 

O momento que máis me gustou deste libro foi cando Rosa logra desaparecer da vista do seu marido Delio. E como dicía antes, os momentos que menos me gustaron deste libro foi cando se mostran os momentos nos que Delio trata mal a Rosa polo simple feito de que Rosa non o apoiou na votación que fixeran na xunta de propietarios días antes. 

Nesta peza teatral eu non faría ningún cambio xa que me gustou así como é. Por outra parte, o tema do que trata este libro é bastante triste e ademais é unha cousa que hai moito na actualidade. O tema desta obra teatral se aínda non o tedes moi claro é a violencia de xénero. A violencia de xénero é o principal tema deste libro pero esta peza teatral tamén ten unhas escenas bastantes humorísticas. Esta obra de teatro non é en todos os momentos triste polo simple feito de que trata moito sobre a violencia de xénero. 

A linguaxe deste libro é bastante fácil de entender.

Marta Veiras Noya (4º ESO)

venres, 1 de maio de 2015

As mellores frases das avoas e os avós galegos

Así en principio, non ten moito que ver co Día do Traballo que conmemoramos hoxe. Pero imos ver, ¿alguén coñecedes que traballase máis na súa vida que a maioría das nosas avoas e os nosos avós...?

En homenaxe de agradecemento a todas e a todos eles, a colección das súas gloriosas frases:

"Hoxe non estou nada ben" (La típica respuesta al "¿Qué tal abuela?" mientras la saludas dándole
dos besos)

"Estás de bon ano" (Si te dicen esto, preocúpate, es posible que hayas ganado algún kilo últimamente. Mejor no tomes postre)

"Mentras falas non comes" (Con la comida no se juega)

"Non deixedes a vergonza do galego" (En alusión al último trozo de carne asada que queda en la bandeja)

"Seguro que quedaches con fame. Fágoche un bisté?" (Un clásico tras acabar el segundo plato, mientras intentas buscar un poco de aire desabrochando el cinturón)

"Bótame só a metade d'iso" (Otro must de las abuelas, a la hora de servir las raciones de tarta. Por supuesto, después acabará repitiendo una o dos veces más)

"Non me cabe nin unha cereixa" (Los abuelos conocen sus límites)

"Quedei coma un pepe" / "Quedei coma un reló" / "Comin coma un bispo..." (Ah, la
satisfacción del deber cumplido)




"Aproveitade, que destas Navidades/Entroido/Semana Santa/... non paso" (Mi abuela lleva diciendo esto desde aproximadamente 1997, mientras saca a pasear la cartera para dar la propina a los nietos)

"De hoxe nun ano/ Deiquí nun ano/... " (Los brindis de los abuelos gallegos)

"E que cho reparta o corpo" (Otro clásico de las sobremesas)

"Xa comín vou durmir" / "Marcho que teño que marchar" / "Xa é moita hora" (Porque los abuelos gallegos, cuando quieren irse a su casa o a echar la siesta, se van)

"Come, estudia e faite bo" / "Ou aprobas ou vas coas ovellas ao monte" (Sus planes educativos son sencillos)

"Tose pr'alá" (Mucho antes de la crisis del ébola, ellos ya tenían sus propios protocolos sanitarios)



 "Veña home veña" / "Me cago na cona que te pariu" / "Pasa que cenas" / "Mal raio che parta" (Ojo con los cabreos de los abuelos, ojo)


 "Non sexas cantamañanas"


"Agora xa foi"

"Chegar e encher" 

"Madia leva"

"Ponte ropa interior limpia" (...Porque nunca sabes cuando tendrás que ir a Urgencias)


"Outra vaca no millo" (¡Outro que tal baila!)

"Amiguiño sí, pero a vaquiña polo que vale" / "Polo pan baila o can" (La desconfianza, algo muy de aquí)

"Malo será" / "E ti, de quén ves sendo?" / "Nunca choveu que non escampase" / "Manda carallo" (Cuatro frases que están en nuestro ADN)

"Xa viña ben unha auguiña" (Acostumbrados a la lluvia, los abuelos miran con el gesto torcido al cielo si pasa más de unos días sin que aparezcan las nubes)

"Que non falte traballo" (Mucho antes de la crisis, la cuestión laboral era preocupación número 1 en el CIS de las aldeas gallegas)

"Morra o conto" (Buen final para cerrar cualquier discusión)

"Nin arre nin xo" (Es-pa-bi-la)

"Con sentidiño" (La frase clásica de cualquier abuelo mientras ve a su nieto coger las llaves para salir el sábado a la noche)

"Quen ten cú ten medo" (Una reflexión vital que ríete tú de Boyhood)