O libro a
min persoalmente gustoume moito. O título e a portada xa me chamaron a
atención, porque o título Fantasmas de luz pareciame un pouco raro e na portada aparecía un
home invisible rodeado de persoas que non eran invisibles.
Gústame
porque un dos temas que trata o libro é a marxinación social que senten
algunhas persoas. Tamén me gustou o tema do cine, que falase das películas e
que tamén falase algo de si mesmo. Este libro engancha porque ten momentos de
intriga e de emoción, xa desde o principio. Un momento de intriga e emoción foi
cando entraron na casa onde había máis xente invisible pero que alí na casa si que
se vía.
Para min
o momento máis interesante do libro foi cando recibe a carta do seu xefe para falar
con el, porque nunca recibira unha igual na súa vida. Este libro
recomendariallo a xente que lle gusta ler e que lle gusten que traten os temas
sociais como é a discriminación por cor, raza, sexo… dunha forma humorística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario