Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 3 de novembro de 2011

Tal día coma hoxe...


(Nesta gravación da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, AELG, Neira Vilas explica as razón polas que principiou a escribir)

Hoxe fai 83 anos o escritor Xosé Neira Vilas, que naceu tal día coma hoxe no lugar de Gres (Vila de Cruces). Moitos de nós somos lectores e lectoras dos seus libros, nomeadamente das Memorias dun neno labrego, que se publicou hai cincuenta anos. Parabéns a Balbino, o personaxe protagonista deste libro, e moitos parabéns ao seu autor Xosé Neira Vilas. Moita saúde e vizosidade, mestre.

Cancións para ESCOITAR, pensar e actuar

Se ben todos os días de todos os meses do ano deberían ser días contra a violencia na parella, o 25 de Novembro é o Día Mundial contra a violencia de Xénero. É por isto que este mes imos estar máis atent@s para concienciarnos de que se non loitamos contra a violencia, somos cómplices dela. Para ir entrando no tema, déixovos a continuación un enlace "musical", acompañado de breves comentarios, con temas ben coñecidos que dalgún xeito abordan este tema. Dirixidos ás víctimas, estes temas pretenden "abrirlles os ollos", primeiro paso para dicir BASTA XA e cambiar a súa vida.

Pincha aquí:


Coñeces algunha máis? Que emocións te transmiten estas cancións?
Encantaríanos que as compartiras connosco...