Os nenos da varíola. María Solar. Galaxia
Este libro titulado Os nenos da varíola encantoume, xa que fala dun tema moi interesante sobre a nosa historia dunha forma discreta e para nada pesada, ao contrario faise unha lectura moi levadeira polo entretida que é a historia que nos conta María Solar.
Aínda que foi unha época complicada pola enfermidade, xa que supuxo unha gran cantidade de mortes, paréceme que a novela soubo redactar o máis importante sobre ese tema e transformalo en forma dunha historia que calquera poida entender e desfrutar dela.
Gustoume moito como se desenvolveu a narración en xeral, pero o que realmente me enganchou ao comezo do libro foi a historia de Candela e Ezequiel. Xa que estás constantemente pendente de que se poidan reencontrar dunha vez. Cando o fan, ó final do libro, gustaríame ter visto máis contidos sobre como continuou a súa historia, e como foi ese seu reencontro, pero chegoume con saber que tiveron un merecido final.
Tamén hai outros personaxes cunha gran historia detrás, por exemplo, Clemente que aínda que é un personaxe secundario, fíxoseme moi riquiño e gustaríame que tivese un final no que acabe ben. E a outra personaxe é Isabel, unha muller digna de admirar, xa que é unha muller forte e traballadora, xa non só polo seu posto de traballo, o cal ten moito mérito, senón por todo o que facía día a día para levar adiante o hospicio.
Pareceume un libro moi fácil de ler e, repito, moi entretido. O que máis me gustou do libro foron os personaxes e o desenvolvemento da historia.
Victoria Domínguez Marinho (3º ESO A)