Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



sábado, 9 de marzo de 2024

Book tráiler (LXXI): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre. Realizado por Mateo Pérez Vázquez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Mateo Pérez Vázquez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (LXX): A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor (col. Biblioteca Blanco-Amor. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXIX): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre. Realizado por Iván Regueiro Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Iván Regueiro Liste, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXVIII): A man dos paíños, de Manuel Rivas. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro de relatos A man dos paíños, de Manuel Rivas (col. Narrativa. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXVII): Cartas de amor, de Fran Alonso. Realizado por Ainhoa Leis Ríos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de amor, de Fran Alonso (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2006). Realización youtubeira: Ainhoa Leis Ríos, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXVI): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Mateo Pérez Vázquez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Mateo Pérez Vázquez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXV): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Realizado por Nuria Recouso Pena

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (col. Biblioteca Neira Vilas. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Nuria Recouso Pena, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (LXIV): A ira dos mansos, de Manuel Esteban. Realizado por Uxía Mariño Parafita

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban (col. Narrativa. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Uxía Mariño Parafita, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

 

Book tráiler (LXIII): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Realizado por Valeria Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (col. Biblioteca Neira Vilas. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Valeria Grela Bello, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (LXII): A punta de pistola, de Fran Alonso. Realizado por Diego Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A punta de pistola, de Fran Alonso (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXI): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Realizado por Samuel Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (col. Biblioteca Neira Vilas. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Samuel Grela Seoane, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Balda de Libros (XXVIII): O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas

 

O lapis do carpinteiro. Manuel Rivas. Xerais

O lapis do carpinteiro é unha novela histórica que fai que aprendas moito sobre a Guerra Civil española. Ademais, ao estar ambientada no cárcere de Santiago de Compostela, son capaz de facerme á idea do debuxo do Pórtico da Gloria cos retratos dos seus compañeiros porque é un lugar que visitei e coñezo. Penso que é unha novela necesaria e debería ser de obrigada lectura ao longo da secundaria para coñecer a historia recente de España e moito do que supuxo a Guerra Civil.

O máis interesante é o lapis, que vai pasando de man en man coma se fose unha variña máxica entre os distintos personaxes. A historia de amor que se conta ao longo da novela é como a parte bonita de todas as barbaridades que se producen nunha guerra.

O meu personaxe favorito é o protagonista, Daniel Da Barca pois mantense vivo grazas ao amor que ten por Marisa Mallo, aínda que a familia desta non quere que estean xuntos. Ademais faría calquera cousa para axudar aos seus compañeiros.

A novela gustoume excepto a introdución porque custa un pouco situarse ao empezar como unha entrevista. O autor utiliza unha linguaxe clara e unha maneira moi bonita de contar as cousas tan horribles que lle suceden aos personaxes.

Íker García Brea (4º ESO)

O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas, é un libro que me gustou bastante, engancha dende o primeiro momento. Esta narración conta a historia da guerra civil española dun xeito moi realista.

A miña personaxe preferida é Marisa. Marisa é unha muller valente e decidida, que loita polos seus ideais e fai todo polo amor. E o carcereiro é o personaxe que menos me gustou, poois é unha persoa cruel, que representa a represión e a violencia do réxime franquista.

A historia é moi interesante e os personaxes están moi ben desenvolvidos. Nesta novela fálase tamén en certa parte de como vivían as persoas naquela época, e a pouca liberdade de expresión que había.

Con respecto ao vocabulario, aínda que había algunhas palabras que non coñecía ou das que non sabía o significado, en xeral entendín todo bastante ben polo contexto.

Recomendo moito este libro a todos aqueles que queiran aprender máis ou que lle interese a guerra civil española.

Samuel Grela Seoane (4º ESO)

Esta historia ocorre na guerra civil española. Daniel que era un médico foi encarcerado no que antes fora un mosteiro e agora é un cárcere. Marisa era unha muller que vivía na mesma vila, ela ia sempre que podía visitar a Daniel ao cárcere. E Herbal traballa no cárcere e el quería estar sempre con Daniel porque así podía ver a Marisa, ata que nun momento se deu conta de que ela estaba namorada de Daniel.

A min persoalmente o momento que máis me gustou deste libro foi cando Daniel no último cárcere no que estivo foi condenado a morte, e paréceme moi interesante porque cando o mataron Marisa puido seguir tendo un recordo del que era o seu caderno.

O meu personaxe preferido é Herbal porque estaba namorado de Marisa, pero cando viu que ela estaba demasiado namorada de Daniel deixounos en paz e así puideron seguir coa súa relación.

O lapis do carpinteiro é unha novela bastante entretida a pesar de que o contido da historia é bastante triste. Eu a esta historia non lle cambiaría nada porque tes unha intriga bastante forte cara ao desenlace segundo o vas lendo.

O que si pasa é que o autor, que é Manuel Rivas, dálle bastantes voltas ao contido do libro e iso fai que sexa un pouco complicado de ler, pero o vocabulario é axeitado para a nosa idade.

Nerea Sánchez Castro (4º ESO)