Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 23 de marzo de 2020

Conta de Libros (XXXII): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo



O momento máis interesante foi cando na historia a Loba, ao final, que arderan os tres queimados porque é chocante que un bebé pequeniño morra queimado.

A mellor perxonase para min foi a vella porque era o demo e tamen parecía unha bruxa porque quitaba órganos e todo.

O tema é variado, porque este libro narra catro historias totalmente distintas, entón á lora de ler é un pouco enredante, pero en xeral todas as historias son interesantes, gustáronme ben.

Está ben desenvolvido porque conta o que vai pasando, non cambiaria nada porque a verdade gustame como está estruturado.

O desenlace estivo ben nas catro historias, pero o da Loba cambiaríao porque é moi drástico para o meu gusto.

O vocabulario destes relatos está ben porque se entende todo a perfeccion.

Recomendaría o libro para a xente que lle guste ler contos breves e tamén está moi ben para as persoas ás que lle guste o misterio, pois tamén é de medo. 

Daniel Martínez Calvo (3º ESO)


venres, 20 de marzo de 2020

Conta de Libros (XXXI): Recinto gris, de Ledicia Costas




A min o libro gustoume moito, pois é entretido de ler. A parte da historia que máis me gustou é cando planearon saír do recinto porque lles custaba facelo xa que o recinto gris estaba ben protexido polos lobos que sempre os vixiaban.

O meu personaxe favorito foi Nube porque é quen lle oculta cousas aos lobos. E os personaxes que menos me gustaron foron os lobos xa que eran personaxes planos.

Non faría ningún cambio porque o relato estivo moi ben organizado, non se me fixo nada repetitivo.

O principio do libro é unha parte moi importante porque introduce a historia e o final gustoume porque é cando os diferentes personaxes intentan saír do recinto.

O vocabulario non é difícil de entender e sempre se sabe polo contexto o que pasa na historia.

Recomendaría o libro porque é fácil de entender, é divertido e sempre estás enganchado á historia e non se che fai moi longo.

Andrés Dafonte Varela (3º ESO)

xoves, 19 de marzo de 2020

Conta de Libros (XXX): Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz




O momento máis importante deste libro, para min, ocorre cando Sara e súa nai atopan o anel no cemiterio, pois é cando por fin se resolve a trama.

O meu personaxe preferido é o pai de Sara, porque é moi optimista e comprensivo.

Respecto ao tema do libro, paréceme moi interesante, ben é certo que a medida que segues lendo pódese facer un pouco pesado e aburrido, pois o autor deulle demasiadas voltas a cousas que dende a miña opinión, non son tan importantes. Por exemplo, cando Sara sente a presenza de seu tío na habitación, ao principio dá ata medo pero ao final acaba sendo demasiado repetitivo.

O desenlace pareceume axeitado, foi o que máis me gustou do libro, pois encántame a conexión que se crea entre Sara, súa nai e o tío Moncho.

É unha lectura sinxela de ler a nivel de vocabulario, enténdese perfectamente.

Recoméndolle o libro a aquelas persoas que lles guste o xénero de misterio e fantasía.

Lorena Becerra Varela (3º ESO)

luns, 16 de marzo de 2020

Book tráiler (LIX): "A punta de pistola", de Fran Alonso. Realizado por Nerea González Rey



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A punta de pistola, de Fran Alonso (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Nerea González Rey, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Conta de Libros (XXIX): A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz



A viaxe de Gagarin é un libro ambientado na década dos sesenta, en plena ditadura franquista, na cidade da Caruña. É a historia dun rapaz, Miguel, apaixonado polos descubrimentos no espazo, de aí o seu alcume que lle dá título á novela, Gagarin. Miguel vive cos seus pais, os cales agochan algo que lles vai cambiar a vida.
O tema paréceme interesante posto que mostra como era a vida nesa restrictiva etapa histórica.

O momento máis importante da narración, na miña opinión, é cando Miguel se namora dunha rapaza nova na vila. Mestura a vida cotiá dun mozo cos problemas persoais da súa familia, facendo a trama moito máis entretida.

En canto ós personaxes, o que máis me gustou foi o principal, Miguel. Está moi ben caracterizado tanto na época como na súa idade.

O final gustoume xa que non é o que esperaba e non lle faría ningún cambio, tampouco no desenvolvemento.

A linguaxe é moi sinxela e comprensible, polo que a lectura, a pesar de ter bastantes páxinas, se fai moi amena.

Recomendo esta lectura xa que a min me gustou e ademais, axúdache a coñecer a situación do pasado.

Paula Noya Redondo (4º ESO)

Conta de Libros (XXVIII): Morning Star, de Xosé Miranda





Morning Star é unha novela que trata sobre un misterio. Desenvolve un tema moi emocionante, xa que nela cóntase principalmente a vida de Lourenzo, a cal tras a morte de súa nai dá un gran xiro, ao verse moi involucrado nos asuntos de seu pai e o amigo deste Lázaro Rivadulla.

O momento máis importade deste libro para min é cando Lourenzo ve por primeira vez a seu avó, xa que este e seu pai non se levaban nada ben desde que o pai de Lourenzo, Lourenzo os abandonou por roubar xunto coa súa gavela.

Os personaxes que máis me gustaron, aínda que dende a miña opinión todos tiñan unha personalidade difícil de captar, foron Helena, a rapaza á que Lourenzo salva da morte e o avó de Lourenzo. Parécenme os dous uns personaxes necesarios para este libro, porque achegan normalidade á loucura que ocorre na trama.

Non lle faría ningún cambio a esta narración, todo é moi axeitado e ten uns xiros inesperados que lle dan á trama un toque moi intrigante, que fan que o lector teña ganas de seguir lendo o libro.

O final pareceume moi bo, é un final feliz, aínda que me gustaría que Tomás das Congrostas saíse do cárcere e estivera con Lourenzo.

Se de verdade che gustan os libros de misterio, que causen intriga e che enganche coas tramas, recoméndovos esta lectura.

Ahinoa Antelo Rodríguez (4º ESO)

Este libro gustoume moito. O momento máis importante dende a miña opinión, foi a fuxida de Helena e Lourenzo, xa que estaban fuxindo da gavela da que el formaba parte, xunto con seu pai e o seu mellor amigo, Lázaro. Foi un momento de tensión e intriga. 

O momento máis triste foron as mortes dos pais de Lourenzo, tanto a da nai coma a do pai foron moi dolorosas, a da nai por unha enfermidade e a do pai por salvar ao seu fillo.

O tema paréceme moi interesante e entretido. Toca moitos aspectos, os labores dun neno no campo, o amor por unha nai, o roubo, a amizade, o namoramento, o egoísmo... 

O meu personaxe preferido é Lourenzo, o protagonista, un neno que vive con seus pais nunha taberna e nunha aldea pouco transitada. É un rapaz traballador e moi boa persoa, se ledes esta novela, confirmaderíadelo. Por outra parte, o personaxe que menos me gustou foi Lázaro, unha persoa moi egoísta, que só quere a súa felicidade e diñeiro, polo que é capaz de facer calquera cousa.

O final gustoume, é bonito e está ben, ao igual que a lingua, resultoume bastante fácil de ler.

É unha narración que engancha e polo tanto, é bastante rápida de ler. Recomendoa, por todas as razóns anteriores.

Alba Rey Brea (4º ESO)

Este é o primeiro libro que leo deste autor e a verdade é que me gustou moito pola súa trama. É un tema moi interesante sobre todo se che gustan os libros de aventuras, por iso me gustou tanto e me resultou fácil de ler mais o vocabulario tamén me axudou a acabalo tan rápido.

É unha novela entretida e que engancha ou polo menos a min.

Os personaxes tanto principais como secundarios creo que todos teñen un papel importante e están ben elixidos. O meu personaxe preferido de feito é un personaxe secundario, Helena Rouco.

O momento que poida que máis me gustou foi cando fan a viaxe para levar a Helena xunto cos seus parentes.

O final gustoume pois é diferente, non lle faría ningún cambio a dicir verdade.

E por último dicir que volo recomendo e máis aínda se che gusta este tipo de temáticas.

Leticia Añón Guerra (4º ESO)

xoves, 12 de marzo de 2020

Book tráiler (LVIII): "Cartas de inverno", de Agustín Fernández Paz. Realizado por Nerea González Rey


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995. 38ª edición 2018). Realización youtubeira: Nerea González Rey, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (LVII): "O neno do pixama de raias", de John Boyne. Realizado por Sara González Castro e Valeria Vásquez Fernández



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, o Book tráiler da novela Oneno do pixama de raias, de John Boyne, tradución de Daniel Saavedra (Faktoría K Narrativa, 2007). Realización youtubeira: Sara González Castro e Valeria Vásquez Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (LVI): "Unha presa de terra", de Marilar Aleixandre. Realizado por Mirian Otero Sande



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre (Ir Indo / La Voz de Galicia, 2001). Realización youtubeira: Mirian Otero Sande, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



mércores, 11 de marzo de 2020

Book tráiler (LV): "O neno do pixama de raias", de John Boyne. Por Lucía González Castro e Ana Señarís Veiras


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O neno do pixama de raias, de John Boyne, tradución de Daniel Saavedra (Faktoría K Narrativa, 2007, 2013). Realización youtubeira: Lucía González Castro e Ana Señarís Veiras, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)




Book tráiler (LIV): "O Principiño", de Antoine de Saint-Exupéry. Por Raúl Ferreira Parente


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Raúl Ferreira Parente, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


martes, 10 de marzo de 2020

Book tráiler (LIII): "O Principiño", de Antoine de Saint-Exupéry. Por Sara Conde Delgado e Alicia Martínez Rodríguez


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Sara Conde Delgado e Alicia Martínez Rodríguez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (LII): "A punta de pistola", de Fran Alonso. Por Laura Codesido Fernández


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A punta de pistola, de Fran Alonso (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Laura Codesido Fernández, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (LI): "O corazón de Xúpiter", de Ledicia Costas. Por Uxía Beiras Rivas


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Uxía Beiras Rivas, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (L): "Cartas de inverno", de Agustín Fernández Paz. Por Sara Conde e Alicia Martínez


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de AgustínFernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995. 38º ed. 2018). Realización youtubeira: Sara Conde Delgado e Alicia Martínez Rodríguez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


venres, 6 de marzo de 2020

Book tráiler (XLIX): "O diario violeta de Carlota", de Gemma Lienas. Realizado por Raúl Ferreira Parente



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2003). Realización youtubeira: Raúl Ferreira Parente, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XLVIII): "O diario violeta de Carlota", de Gemma Lienas. Realizado por Ana Señarís Veiras



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2003). Realización youtubeira: Ana Señarís Veiras, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



luns, 2 de marzo de 2020

Fragmento de “A gaita gallega” nas voces de Lorena Becerra Varela e súa curmá Laura



Fragmento de “A gaita gallega” nas voces de Lorena Becerra Varela (3º ESO) e súa curmá Laura (13 anos). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

A gaita gallega

I
Cando este cantar, poeta,
na lira xemendo entonas,
non sei o que por min pasa
que as lágrimiñas me afogan,
que ante de min cruzar vexo
a Virgen-mártir que invocas,
cos pes cravados de espiñas,
cas mans cubertas de rosas.
En vano a gaita, tocando
unha alborada de groria,
sons polos aires espalla
que cán nas tembrantes ondas;
en vano baila contenta
nas eiras a turba louca,
que aqueles sons, tal me afrixen,
cousas tan tristes me contan,
que eu podo decirche:
non canta, que chora.

“¡Follas novas!, risa dáme” nas voces de Gloria Bello Fraga e súa irmá Noelia



¡Follas novas!, risa dáme” nas voces de Gloria Bello Fraga (3º ESO) e súa irmá Noelia (12 anos). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

¡Follas novas!, risa dáme

¡Follas novas!, risa dáme
ese nome que levás,
cal si a unha moura ben moura,
branca lle oíse chamar.

Non Follas novas; ramallo
de toxos e silvas sós;
irtas, como as miñas penas;
feras, como a miña dor.

Sin olido nin frescura,
bravas magoás e ferís...
¡Se na gándara brotades,
cómo non serés así!