Morning Star é unha
novela que trata sobre un misterio. Desenvolve un tema moi
emocionante, xa que nela cóntase principalmente a vida de Lourenzo,
a cal tras a morte de súa nai dá un gran xiro, ao verse moi
involucrado nos asuntos de seu pai e o amigo deste Lázaro Rivadulla.
O momento máis importade
deste libro para min é cando Lourenzo ve por primeira vez a seu avó,
xa que este e seu pai non se levaban nada ben desde que o pai de
Lourenzo, Lourenzo os abandonou por roubar xunto coa súa gavela.
Os personaxes que máis me
gustaron, aínda que dende a miña opinión todos tiñan unha
personalidade difícil de captar, foron Helena, a rapaza á que
Lourenzo salva da morte e o avó de Lourenzo. Parécenme os dous uns
personaxes necesarios para este libro, porque achegan normalidade á
loucura que ocorre na trama.
Non lle faría ningún
cambio a esta narración, todo é moi axeitado e ten uns xiros
inesperados que lle dan á trama un toque moi intrigante, que fan que
o lector teña ganas de seguir lendo o libro.
O final pareceume moi bo,
é un final feliz, aínda que me gustaría que Tomás das Congrostas
saíse do cárcere e estivera con Lourenzo.
Se de verdade che gustan
os libros de misterio, que causen intriga e che enganche coas tramas,
recoméndovos esta lectura.
Ahinoa Antelo Rodríguez
(4º ESO)
Este
libro gustoume moito. O momento máis importante dende a miña
opinión, foi a fuxida de Helena e Lourenzo, xa que estaban fuxindo
da gavela da que el formaba parte, xunto con seu pai e o seu mellor
amigo, Lázaro. Foi un momento de tensión e intriga.
O momento máis
triste foron as mortes dos pais de Lourenzo, tanto a da nai coma a do
pai foron moi dolorosas, a da nai por unha enfermidade e a do pai por
salvar ao seu fillo.
O
tema paréceme moi interesante e entretido. Toca moitos aspectos, os
labores dun neno no campo, o amor por unha nai, o roubo, a amizade,
o namoramento, o egoísmo...
O meu personaxe preferido é Lourenzo, o
protagonista, un neno que vive con seus pais nunha taberna e nunha
aldea pouco transitada. É un rapaz traballador e moi boa persoa, se
ledes esta novela, confirmaderíadelo. Por outra parte, o personaxe
que menos me gustou foi Lázaro, unha persoa moi egoísta, que só
quere a súa felicidade e diñeiro, polo que é capaz de facer
calquera cousa.
O final gustoume, é bonito e está ben, ao igual que
a lingua, resultoume bastante fácil de ler.
É
unha narración que engancha e polo tanto, é bastante rápida de
ler. Recomendoa, por todas as razóns anteriores.
Alba Rey Brea (4º ESO)
Este é o primeiro libro que leo deste autor e a verdade é que me gustou moito pola súa trama. É un tema moi interesante sobre todo se che gustan os libros de aventuras, por iso me gustou tanto e me resultou fácil de ler mais o vocabulario tamén me axudou a acabalo tan rápido.
É unha novela entretida e
que engancha ou polo menos a min.
Os personaxes tanto
principais como secundarios creo que todos teñen un papel importante
e están ben elixidos. O meu personaxe preferido de feito é un
personaxe secundario, Helena Rouco.
O momento que poida que
máis me gustou foi cando fan a viaxe para levar a Helena xunto cos
seus parentes.
O final gustoume pois é
diferente, non lle faría ningún cambio a dicir verdade.
E por último dicir que
volo recomendo e máis aínda se che gusta este tipo de temáticas.
Leticia Añón Guerra (4º
ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario