A
viaxe de Gagarin é un libro ambientado na década dos sesenta,
en plena ditadura franquista, na cidade da Caruña. É a historia dun
rapaz, Miguel, apaixonado polos descubrimentos no espazo, de aí o
seu alcume que lle dá título á novela, Gagarin. Miguel vive cos
seus pais, os cales agochan algo que lles vai cambiar a vida.
O
tema paréceme interesante posto que mostra como era a vida nesa
restrictiva etapa histórica.
O
momento máis importante da narración, na miña opinión, é cando
Miguel se namora dunha rapaza nova na vila. Mestura a vida cotiá dun
mozo cos problemas persoais da súa familia, facendo a trama moito
máis entretida.
En
canto ós personaxes, o que máis me gustou foi o principal, Miguel.
Está moi ben caracterizado tanto na época como na súa idade.
O
final gustoume xa que non é o que esperaba e non lle faría ningún
cambio, tampouco no desenvolvemento.
A
linguaxe é moi sinxela e comprensible, polo que a lectura, a pesar
de ter bastantes páxinas, se fai moi amena.
Recomendo
esta lectura xa que a min me gustou e ademais, axúdache a coñecer a
situación do pasado.
Paula
Noya Redondo (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario