Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 3 de decembro de 2012

A voltas coa saga Crepúsculo....

Bella Swan no es ninguna especie de heroína que valga la pena admirar. Es una adolescente que no valora ni la vida ni la amistad; es una chica que se enamora de alguien que puede llegar a hacerle mucho daño, principalmente porque es lindo. Ella pone a su novio en un pedestal, y se tira abajo como si fuera basura. Bella se odia a sí misma. Se ve fea, cree no tener ningún talento y acepta que Edward Cullen la trate como una muñequita de porcelana.


...E vós, que opinades???

Andel de Libros (VIII): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas


A min este libro gustoume. Eu penso que este libro fai referencia aos tempos de antes, por exenplo a emigración: cando Miguel (o irmán de Balbino) marcha para América, Lelo tamén emigrou a América, ou polo mestre que tiñan na escola antes de vir Eladia, que se chamaba don Alfonso e era un mestre que lle zoscaba ós alumnos.
O momento que máis me gustou foi cando Balbino se fixo amigo de Lelo.
O momento que menos me esperaba foi cando Balbino lle tirou a pedra a Manolito.
A min, este libro non me resultou difícil de ler aínda que había palabras que non sabía o que significaban e tiven que usar o diccionario.

Alicia Veiras Noya (4º ESO)

Para min o momento máis importante de todo o libro foi o momento no que Balbino lle tira e atina cunha pedra a Manolito na testa. Balbino tiroulle a pedra porque estaba cansado de que este se burlase del, para min foi o momento máis importante porque desde ese suceso a vida de Balbino dou un xiro inesperado.

Na miña opinión, este libro está moi ben, e penso que non necesita ningún cambio, pero si que me gustaría que Balbino puidese abrir a caixiña que atopou no rebusque, para poder saber o que se atopaba dentro.
Memorias dun Neno Labrego non é un libro moi difícil de ler, pois non ten moitas palabras raras ademais ao ser da aldea, sempre vas pillando palabras dos maiores e logo xa non che resultan raras.
Dende o meu punto de vista este libro é moi interesante, porque aprendes moito sobre os tempos de antes, a época de nosos avós, cando emigraban ás Américas.

Martín Calviño Vicente (4º ESO)



Este libro está bastante ben sobre todo para coñecer como era a época dos labregos antes (dura, sen apenas privilexios).
A parte que máis me gustou foi o último capítulo xa que me resultou divertido cando lle dá na cabeza coa pedra.
 Quizás a parte que menos me gustou foi cando me falaba do loito e de como era o velorio na casa xa que me resultou algo duro para contar ese libro.
Gústame moito tamén cómo describe Balbino ao seu can, con tenrura e como se fose o seu mellor amigo.


Rocío Villasenín Bello (4º ESO)
 


O libro en xeral gustoume, souben que a gran parte do que conta o vivira o autor.
Gustoume como Balbino conta todo o que lle sucede durante a súa infancia, aínda que os capítulos debían estar un pouco máis enlazados entre si, dende o meu punto de vista. E ao final descobres que é como unha especie de flashback.
O final que máis me gustou foi o do libro, xa que está moito máis elaborado e é moito máis crible que o meu, aínda que o meu non o descartaría.
Tamén me gustou porque imaxino que algunha historia semellante lle sucedería a meus avós ou bisavós.

Marta Brea Martínez (4º ESO)

A min a historia de Memorias dun neno labrego foi unha das mellores que lín pois reflicte unha aldea coma na que estou vivindo eu pero hai cen anos atrás. A min todas estas historias que falan ou están relacionadas co campo sempre me gustaron, e este libro fala diso.
O momento máis interesante para min foron dous: o primeiro, foi cando Balbino estaba de loito e non podía ir a ningún sitio, dábame algo de pena pero e o que hai que facer nestes casos; o segundo momento máis interesante para min foi cando a Balbino lle gustaba a súa mestra e Balbino facía todo o posible para que ela se fixara nel.
Os momentos máis emotivos para min tamén foron dous: o máis emotivo foi cando Balbino se fixo gran amigo de Lelo; e o outro momento emotivo foi cando Balbino se sentou ao lado de seu padriño e este lle falou do que era un amigo.

Kevin Martínez Costa (4º ESO)