Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 14 de decembro de 2021

Book tráiler (XXXIII): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XXXII): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 1994). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XXXI): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XXX): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 1994). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (IV): A cacería. Amadeo Cobas. Xerais

A cacería. Amadeo Cobas. Xerais 

A min pareceume un libro moi divertido, interesante e entretido de ler. Dá algo de terror como pelexan as persoas e as tribos entre eles para conseguir algo. Pero tamén aprendes como pelexaban as persoas naquela época e como se organizaban as tribos e tamén como participaban en cacerías. 

A portada do libro pareceume moi ben elaborada e as cores tamén moi ben escollidas porque se relaciona moi ben co contido do libro. 

O contido do libro pareceume moi ben escrito. Eu os cambios que lle faría sería que o final que fora outro que en vez de que a Zairo o rescatara a súa familia morreran todos pero que Zairo o coñeceran como o valente. Outro cambio que lle faría é que a namorada de Zairo lle traizoara e matara toda a súa familia incluído o seu amigo. E outro cambio que lle faría a este libro é que as tribos non pelexaran entre eles. 

Jorge Lavandeira Vilares (3º ESO)

Conta de Libros (III): Silencio. Fran Alonso. Xerais

Silencio. Fran Alonso. Xerais 

Na miña opinión esta narración gustoume bastante. Paréceme un libro que o empezas a ler e cólleslle o ritmo de lelo rápido e vaiche enganchando ata acabalo, xa que queres saber o final. 

Para min o momento máis importante do libro é cando o protagonista descobre que os seus veciños o que fan pola noite é invocar ao espírito da fame, xa que así sóubose o que en realidade eles facían. O tema do libro pareceume interesante, xa que é de misterio e gústanme ese tipo de libros e ademais saber o que facían os veciños tíñame bastante intrigada. 

Eu ao desenvolvemento do libro non lle faría ningún cambio xa que o autor conta as cousas brevemente e enténdese todo moi ben a excepción de algunhas palabras. En cambio o final si que o faría máis pechado, xa que me pareceu bastante aberto porque non explica nada o que pasa co "Papa". 

A lingua pareceume bastante fácil, aínda que con algunhas palabras que non entendía. 

Lucía Grela Seoane (3º ESO)

Na miña opinión este libro gustoume moito dende o principio, xa que engancha dende a primeira folla. Este autor (Fran Alonso) non o coñecía e sorprendeume bastante.

Hai algunhas palabras que me foron algo complexas de entender.

Para quen lle guste ler libros de misterio, este é adecuado para el, sen ningunha dúbida e tamén entretén moito.

Se teño que elixir só un dos moitos momentos máis intrigantes e misteriosos que hai no libro escollería cando o protagonista vai cada día atopando uns deses rapaces regordechos e rechonchos con caixas que lle mandaba comprar seu pai, e non sabía o que contiñan no interior, e co paso do tempo íao descubrindo todo.

O que máis me gustou é que Ofelia (unha amiga da infancia) o apoia en todos os seus malos momentos e o que menos foi que tivera un final aberto, pero despois polo resto é un dos relatos que máis recomendo en todos os aspectos.

Irene Iglesias Domínguez (3º ESO)

Conta de Libros (II): Memoria do silencio. Eva Mejuto. Xerais

Memoria do silencio. Eva Mejuto. Xerais 

Na miña opinión este libro gustoume bastante, xa que vai sobre os nazis e a min ese tema paréceme moi interesante. Ademais tamén porque ten algo de misterio, pois os nazis intentan descubrir quen son as persoas que levan aos xudeus á fronteira con Portugal para que escapen deles. E a min persoalmente gústanme os libros de misterio, e este ten un pouco diso. 

Eu ao libro non lle faría ningún cambio xa que me gustou o seu desenvolvemento, xa que me parece que a autora ía directa a contar a historia sen contar detalles innecesarios. Ademais o final gustoume xa que foi un final bastante pechado e tamén me gustou por outro motivo que non podo dicir porque senón fago spoiler. 

A lingua pareceume bastante fácil de ler, con algunhas palabras algo difíciles, pero en xeral doado de ler. 

Este libro recoméndovolo ler xa que se le moi ben, e ademais é bastante interesante e ten un final que me gustou moito. 

Lucía Grela Seoane (3º ESO) 

A min este libro gustoume moito. Ao principio non entendía moi ben o que sucedía. Cada vez que o ía lendo ía entendendo todo mellor. Ao comezo da lectura non estaba segura se Frieda era cristiá ou xudía.

Frieda como personaxe pareceume incrible. Era unha muller lesbiana e en ningún momento se avergonzou de mostralo. No principio da historia ela contaba a súa perspectiva narrando unha carta a unha persoa chamada Bob, o cal nun principio pensei que era sua parella.

Lola gustoume moito como personaxe. Foi a miña irmá preferida (entre Xulia, Amparo e ela). Dende que Lola coñeceu a Frieda sempre as emparellei.

A personaxe que menos me gustou foi o axente López. Unha persoa moi superficial e machista.

A escena que máis me gustou foi cando celebraron unha festa en honor á despedida de Frieda. En xeral o libro gustoume moito e iso que a min non me gustan os libros de nazis nin nada polo estilo.

Raquel Dafonte Rodríguez (3º ESO)

Este libro ten moi poucas páxinas aínda que o seu léxico é un pouco difícil porque hai expresións do alemán. A narración pareceume moi interesante porque fala da historia de como se vivía cando Hitler tomou o poder en Alemaña e empezou a capturar os xudeus e tamén fala dun grupo de valentes mulleres que axudaban a escapar aos xudeus utilizando o seu negocio como tapadeira.

Este libro ten un desenvolvemento moi interesante porque ten un sen fin de tramas e de aventuras das protagonistas para conseguir ocultar os xudeus dos nazis e que ninguén sospeite delas. Tamén me gustou porque demostran que traballando en equipo e non rendéndose nunca pódese conseguir de todo.

A este libro non lle faría ningún cambio porque ten unha historia perfecta con moitas aventuras que nunca aburren.

Íker Señarís Suárez (3º ESO)