Silencio.
Fran Alonso.
Xerais
Na miña opinión esta narración gustoume bastante. Paréceme un libro que o empezas a ler e cólleslle o ritmo de lelo rápido e vaiche enganchando ata acabalo, xa que queres saber o final.
Para min o momento máis importante do libro é cando o protagonista descobre que os seus veciños o que fan pola noite é invocar ao espírito da fame, xa que así sóubose o que en realidade eles facían.
O tema do libro pareceume interesante, xa que é de misterio e gústanme ese tipo de libros e ademais saber o que facían os veciños tíñame bastante intrigada.
Eu ao desenvolvemento do libro non lle faría ningún cambio xa que o autor conta as cousas brevemente e enténdese todo moi ben a excepción de algunhas palabras. En cambio o final si que o faría máis pechado, xa que me pareceu bastante aberto porque non explica nada o que pasa co "Papa".
A lingua pareceume bastante fácil, aínda que con algunhas palabras que non entendía.
Lucía Grela Seoane (3º ESO)
Na miña opinión este libro gustoume moito dende o principio, xa que
engancha dende a primeira folla. Este autor (Fran Alonso) non o coñecía e
sorprendeume bastante.
Hai algunhas palabras que me foron algo complexas de entender.
Para quen lle guste ler libros de misterio, este é adecuado para el, sen
ningunha dúbida e tamén entretén moito.
Se teño que elixir só un dos moitos momentos máis intrigantes e misteriosos
que hai no libro escollería cando o protagonista vai cada día atopando uns
deses rapaces regordechos e rechonchos con caixas que lle mandaba comprar seu
pai, e non sabía o que contiñan no interior, e co paso do tempo íao descubrindo
todo.
O que máis me gustou é que Ofelia (unha amiga da infancia) o apoia en todos
os seus malos momentos e o que menos foi que tivera un final aberto, pero
despois polo resto é un dos relatos que máis recomendo en todos os aspectos.
Irene Iglesias
Domínguez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario