A min este libro gustoume moito. Ao principio non entendía moi ben o que sucedía. Cada vez que o ía lendo ía entendendo todo mellor. Ao comezo da lectura non estaba segura se Frieda era cristiá ou xudía.
Frieda como personaxe pareceume incrible. Era unha muller lesbiana e en ningún momento se avergonzou de mostralo. No principio da historia ela contaba a súa perspectiva narrando unha carta a unha persoa chamada Bob, o cal nun principio pensei que era sua parella.
Lola gustoume moito como personaxe. Foi a miña irmá preferida (entre Xulia, Amparo e ela). Dende que Lola coñeceu a Frieda sempre as emparellei.
A personaxe que menos me gustou foi o axente López. Unha persoa moi superficial e machista.
A escena que máis me gustou foi cando celebraron unha festa en honor á despedida de Frieda. En xeral o libro gustoume moito e iso que a min non me gustan os libros de nazis nin nada polo estilo.
Raquel Dafonte Rodríguez (3º ESO)
Este libro ten moi poucas
páxinas aínda que o seu léxico é un pouco difícil porque hai expresións do
alemán. A narración pareceume moi interesante porque fala da historia de como
se vivía cando Hitler tomou o poder en Alemaña e empezou a capturar os xudeus e
tamén fala dun grupo de valentes mulleres que axudaban a escapar aos xudeus
utilizando o seu negocio como tapadeira.
Este libro ten un
desenvolvemento moi interesante porque ten un sen fin de tramas e de aventuras
das protagonistas para conseguir ocultar os xudeus dos nazis e que ninguén
sospeite delas. Tamén me gustou porque demostran que traballando en equipo e
non rendéndose nunca pódese conseguir de todo.
A este libro non lle
faría ningún cambio porque ten unha historia perfecta con moitas aventuras que
nunca aburren.
Íker Señarís Suárez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario