Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 15 de decembro de 2021

Conta de Libros (V): A neve interminable, de Agustín Fernández Paz

A neve interminable. Agustín Fernández Paz. Xerais 

A min gustoume o libro, o máis importante foi cando se descubriu o da muller do hostal. É interesante por moitas razóns pero sobre todo porque ao final dá un discurso sobre a reciclaxe moi importante.

Eu faría un cambio, facer os relatos máis curtos, non tan extensos, acábanse facendo demasiado longos e non acabas desfrutando a trama do hostal que daba moito xogo.

O final é un final aberto, cousa que non me gusta porque non che conta que pasou con Rebeca e Tania e non sabes se están vivas ou mortas. Faría ese cambio, pero o libro quitando esas partes está xenial, é moi ameno e fácil de ler e ten unha linguaxe moi coloquial.

En conclusión esta novela é bastante recomendable para persoas que están empezando a ler, e non saben por que libro empezar.

Ana Viqueira García (3º ESO)

Na miña opinión este libro gustoume moito, porque é de misterio e de terror e a min ese tipo de libros gústanme bastante.

Tamén me gustou que haxa varias historias, xa que todas son interesantes e tamén fai que te enganches ao libro moi facilmente.

Para min o momento máis importante do libro é cando se empezou a sospeitar que os donos do hotel eran vampiros porque iso deulle máis misterio á historia.

A min o libro pareceume interesante, xa que é un libro de misterio, e emocionante porque queres saber o que pasa ao final pois o autor consegue engancharte, e cólleslle cariño aos personaxes. O único cambio que eu lle faría sería poñer un final máis cerrado, xa que non se dixo que pasou ao final cos donos do hotel.

Esta novela pareceume bastante fácil de ler, xa que máis ou menos se entendían todas as palabras e estaba todo redactado de maneira moi ordenada.

Lucía Grela Seoane (3º ESO)

Este libro ten bastantes páxinas e o léxico é moi fácil e cando o empezas a ler xa case o estás acabando. Tamén me pareceu moi interesante porque a trama ofrece todo tipo de emocións e se te enganchas non podes deixar de lelo, porque cando acaba unha aventura xa hai outra e cando te dás conta acabaches o libro.

O desenvolvemento deste libro é moi interesante porque está repleto de historias, anécdotas dos personaxes principais, de moitas aventuras e de misterios.

A este libro non lle faría moitos cambios pero si que hai dúas cousas que cambiaría na historia que conta, primeiro o de que dous deles marchan e poñería que dous deles desapareceran sen avisar.

E o segundo cambio que faría é o de que o personaxe principal da historia se dese conta do segredo que ocultaba a dona do hostal, e poñería que pasou pola cociña e escoitou voces pero que non lle fixera moito caso porque pensara que era outro hóspede que tamén quedara atrapado pola tormenta.

Íker Señarís Suárez (3º ESO)

A min pareceume o libro máis divertido e interesante dos que levo lidos deste autor, xa que conta varias historias á vez como a da súa infancia na casa azul, a súa voda, as historias de terror,....

Tamén é moi entretido e cada vez canto máis avanzas na súa  lectura máis e máis que vai enganchando. A min a historia que máis me gustou foi cando o protagonista  descubriu que seu tío e el mesmo eran vampiros.

O que cambiaría desta obra foi cando o noso protagonista encontrou pegados debaixo dunha mesa os recortes de periódicos dunha reportaxe que falaba dun accidente de coche no cal morrera un matrimonio.

Por outra parte a min sorprendeume o final do libro xa que eu non me imaxinaba ese desenlace senón outro moi diferente e tamén eu creo que é moi  axeitado. No caso da linguaxe é moi adecuada para os rapaces e é moi fácil de entender.           

Jorge Lavandeira Vilares (3º ESO)

A min este libro pareceume moi interesante e entretido porque os personaxes deciden facer a súa propia historia de drama mentres están illados e hai algunhas historias xeniais, a historia de Ruth foi a que máis me gustou de todas elas.

Eu a este libro non lle faría ningún cambio agás que podería falar un pouco máis dos personaxes e non só das historias que fan.

Ten un final axeitado xa que os escritores durante o tempo de illamento só escribiron as historias para despois lelas todos xuntos ou un día unha historia e outro día outra.

Os meus personaxes favoritos son Ruth e o protagonista porque me gusta moito como son, o que máis me gusta de Ruth é como a describen e a súa forma de escritura e o tipo de relato que fixo, mentres que o que máis me gustou do protagonista foi que aaínda que fose nunha historia non se esquecía da súa familia.

Sergio Señarís Suárez (3º ESO)