venres, 21 de marzo de 2014
Balda de Libros (XLIII): Os escuros soños de Clío, de Carlos Casares
Os escuros soños de Clío, Carlos Casares, Galaxia
Os escuros soños de Clío é un libro que contén unha historia diferente en cada capítulo. Son curtos. E creo que están relacionados en que todas as historias son de tempos medievais e pretéritos. De feito, na maioría deles, están falando sobre o reinado de Fernando VII e o absolutismo. Das batallas entre os liberais e os absolutistas, que case sempre acababan gañando os absolutistas, é dicir, o rei Fernando VII.
Hai relatos que o tema está moi interesante e que é fácil de ler. En cambio outros, é moi difícil seguir o tema, xa que non se entende gran cousa. De feito, había veces que me daba a sensación que o relato tiña vinte páxinas, tendo cinco ou catro.
Aínda así, o meu profesor de lingua galega afirmoume que este libro era moi fácil de ler, pero xa sabedes, para gustos, cores.
Belén García Lijó (4º ESO)
Balda de Libros (XLII): Papaventos, de Xavier Queipo
Este libro pareceume bastante bo, aínda que senón
tivera tantas descricións estaría moitísimo mellor, pero do longas que eran as
descricións, había veces que non dabas seguido a lectura.
Na miña opinión é un pouco exótico este libro,
porque a min non me interesan os detalles de cómo fan o amor o noso
protagonista Francis coa súa noiva Rose. Porque o comezo do libro contén varias
páxinas que son todas así, da noite que pasaron no piso de Francis que está á
beira do mar.
O que máis me gustou foi o final, porque non te
esperabas que Francis morrera afogado nunha praia da súa terra natal, Galicia,
e moito menos estando o mar calmo. O libro é bastante fácil de ler pero tamén é
algo longo.
Belén García Lijó (4º ESO)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)