Este libro pareceume bastante bo, aínda que senón
tivera tantas descricións estaría moitísimo mellor, pero do longas que eran as
descricións, había veces que non dabas seguido a lectura.
Na miña opinión é un pouco exótico este libro,
porque a min non me interesan os detalles de cómo fan o amor o noso
protagonista Francis coa súa noiva Rose. Porque o comezo do libro contén varias
páxinas que son todas así, da noite que pasaron no piso de Francis que está á
beira do mar.
O que máis me gustou foi o final, porque non te
esperabas que Francis morrera afogado nunha praia da súa terra natal, Galicia,
e moito menos estando o mar calmo. O libro é bastante fácil de ler pero tamén é
algo longo.
Belén García Lijó (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario