Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



sábado, 10 de xuño de 2023

Andel de Libros (XLIII): Diario de Ana Frank, de Anne Frank

 


Diario de Ana Frank. Anne Frank. Faktoría K, Kalandraka.

O contido deste libro gústame bastante, e paréceme moi interesante, pero tamén conta unha historia moi triste, e que na miña opinión ninguén merece pasar por iso. 

Tamén penso que pode ensinarnos moitas cousas sobre a vida que ten que vivir moita xente por ser como é, e debería ser igual para todos, ninguén merece menos nin máis. Se teño que dicir algo que non me gusta sobre o libro sería que como estan sempre encerrados no mesmo sitio, a historia que conta é moi repetitiva, e entón por iso faise moi aburrida ás veces. 

Sobre a protagonista do libro que se chama Ana, non teño nada malo que comentar xa que me parece unha rapaza moi forte, e que a apesar de todo o que lle facía a xente naquel sitio, agás seu pai que sempre a trataba moi ben e estaban sempre xuntos e apoiábanse en todo. Por iso, os meus protagonistas favoritos son o pai e a nena. 

E recomendo moito ler este libro, xa que a pesar do sabido final tan tráxico que sucede é unha historia moi bonita.

Zaira Antelo Iglesias (3º ESO A)