Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 4 de marzo de 2012

Preparando a lectura de poemas do 21 de Marzo do 2011

O día 21 de Marzo celebramos o Día Mundial da Poesía e na escola estamos a argallar unha "Quedada literaria" na que disfrutaremos dunha lectura de poemas.
Para ir dando pistas ao alumnado q participará, e que constitúe un bo número de voluntari@s, (gracias chic@s), aquí vos deixamos unha boa mostra da emoción que pode conter un poema: A paixón. As palabras da autora conmoven e removen por dentro. Unha execución así, aínda noutra lingua que non é a nosa, non deixa indiferente a quen a escoita.

Rafeef Ziadah - "Nosotros enseñamos vida, señor" (Visto no Youtube)

Para saber máis do conflicto palestino-israelí, aquí vos deixo un enlace cun breve artigo que axuda a entender toda esa emoción que non podemos deixar de compartir coa autora: http://mononeurona.org/pages/display/679