Esta mañá soubemos polo diario dixital Sermos Galiza do pasamento do
escritor e mestre Xabier P. DoCampo, que alén de amigo e de boa persoa tamén
estaba sempre presente nas listaxes de lecturas recomendadas na materia de
Lingua e Literatura Galega. Velaquí a triste nova no devandito xornal:
Faleceu aos 72 anos de idade. Era unha das voces máis particulares da
literatura galega, que logrou recoñecementos como o Premio
Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na
porta pela noite,
Foise Francisco Xabier Puente Docampo, Xabier P. DoCampo (Rábade,1946),
voz de referencia na literatura galega infantil e xuvenil, da que foi un dos
grandes narradores. En 1995 obtivo o Premio Nacional de
literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite,
seleccionada así mesmo como unha das cen mellores obras do século XX no estado
español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Pola nosa parte, velaquí as ligazóns das recensións que fixo o noso alumnado da
súa obra nestes últimos cursos.
Que a Terra che sexa leve, mestre!