Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 10 de marzo de 2016

Balda de Libros (XXXIV): O país adormentado, de Xabier P. Docampo


O país adormentadoXabier P. Docampo. Xerais

A min paréceme que o momento máis importante do libro foi o final, cando Aurora, Val, Gablasel e algúns guerreiros máis logran asaltar a torre de Ambulasac o vixiante. Mais tamén me pareceu moi importante tanto o momento da loita encarnizada entre Ambulasac e Val como a loita entre Aurora e Daúro. Para min eses foron os momentos máis importantes do libro porque de todas as loitas que se contaron na historia, (que non foron poucos) esas dúas últimas foron as que decidiron o destino de Glearim. Ademais cando se enfrontaron Val e Ambulasac foi a loita definitiva entre os dous líderes de cada bando.

Gústaríame que o final da historia non fose tan feliz, senón que en lugar de que rematase tan ben houbese algo de drama. Por exemplo que algún dos homes importantes de Val morrese ao facer algunha heroicidade. Só faría ese cambio, polo demais a historia gustoume.

A diferenza dalgúns libros, neste, a linguaxe que empregan foi bastante fácil de comprender. Non hai palabras raras ou moi difíciles, exceptuando algunha que outra.

Eu recomendaría este libro a rapaces e rapazas de secundaria debido á súa sinxela e fácil utilización da linguaxe.

Marcos García López (3º ESO)

Este libro, malia ser curto, é un libro de ficción para adolescentes e a miña crítica é boa xa que é unha fantástica historia na que cabaleiros arriscan as súas vidas para salvar os seus pobos de reis malvados e dragóns xigantes.

Especialmente identifícome con Neve xa que é calado, observador e protector que salvou varias veces a protagonista desta historia Aurora.

Este libro desfruteino pola súa compenetración a hora de loitar xa sexa cubrindo as súas costas ou realizando actos heroicos, por outra parte tamén me gustou o ambiente no que se desenvolve a batalla marítima entre barcos.

O vocabulario deste libro é fácil de entender agás algunhas palabras que se sacan polo contexto. 

Este libro recomendaríallo especialmente aos adolescentes que lle gusten as historias románticas e de guerra  nos antigos tempos nos que se loitaba con arco e espada.

Yago Rey Viqueira (3º ESO)

No hay comentarios: