Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 30 de outubro de 2012

Andel de Libros (IV): Tiempo de misterios, de Manuel L Alonso

 



Este libro me pareció muy interesante por su título: Tiempo de misterios y por eso lo cojí.

Es muy interesante por sus misterios que se encuentran dentro y nadie los sabe hasta que lees el  libro.

Puede ser creíble para unas personas y para otras no según la mentalidad de cada uno.

El libro es muy interesante, por un niño que tiene una enfermedad que sufre desde pequeño que hace que tenga una pierna más delgada y más corta que la otra lo que le obliga a caminar balanceándose, ya que está cojo, y tiene un amigo que por ser cojo es su amigo.

Margarita Pombo Castro (3º PDC)

Tal día coma hoxe....


Miguel Hernández naceu un día coma hoxe de 1910. Poeta español, utilizou a poesía como arma de combate durante a Guerra Civil Española. Foi encarcelado e condeado a morte.
Unha mostra dos seus poemas:

Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes.



luns, 29 de outubro de 2012

Andel de Libros (III): Que me queres, amor?, de Manuel Rivas


Que me queres, amor?, de Manuel Rivas

Este libro pareceume bastante difícil, xa que, hai moitas cousas que tes que sobrentender. Hai momentos nos que hai que supoñer feitos para entender a historia, por simples palabras que parecen que non teñen moita importancia.

O relato máis fácil é “A lingua das bolboretas”. Este relato enténdese moi ben xa que o escritor non oculta moitos datos. Ademais tamén foi o que máis me gustou, xa que me pareceu moi interesante.

O relato máis difícil foi “O míster & Iron Maiden” xa que foi moi complicado para min saber por que pasaba (ao final do relato) dun tema a outro moi rápido, pero ao final conseguín saber por que, aínda que necesitei axuda.

Rocío Villasenín (4º ESO)



Polo xeral o libro gustoume, ademais que ao ter relatos curtos son máis fáciles de ler.
O relato “A lingua das bolboretas”, gustoume sobretodo a primeira parte, na que Romualdo e Mocho se levan tan ben, porque me recordou a unha profesora que eu tiven en primeiro da ESO. Tamén me sorprendeu deste mesmo relato, o facilmente e rapidamente que Moncho e seu pai se esqueceron da xente que levaron, porque antes eles levábanse moi ben con eles.
O único malo do libro é que ao principio custa entender a relación entre o contido e o título. Tamén os relatos teñen un pouco máis de dificultade ao estar gran parte deles escritos en primeira persoa.
O mellor final do relato “ Só por aí” é o do libro, xa que é un final feliz e non é tan tráxico como o que eu escribín, que tampouco estaría mal.

Marta Brea Martínez (4º ESO) 



O relato que máis me gustou do libro foi “Carmiña” porque trata o amor ou atracción física dunha maneira moi esppontánea e ao mesmo tempo nunha linguaxe que utiliza verdadeiramente un adolescente.
Hai relatos como o de “Só por aí” que me resultou un pouco estraño, xa que non se sabe moi ben cal é a causa de que o rapaz se vaia da casa de noite.
Definitivamente faría un cambio nese relato e explicaría as causas de porque non volvía a casa, porque marchou e que pasou cando volveu.
O bo deste libro é que utiliza unha linguaxe moi coloquial e usual, fácil de comprender e trata temas moi graciosos e interesantes ao mesmo tempo.

Tamara Muíño Bello (4º ESO)
 

martes, 23 de outubro de 2012

Sobre o acoso nas redes sociais....

Se alguha vez te sentiches víctima do acoso na rede, se tentaron chantaxearche mediante fotos, vídeos, comentarios ou tes algún amigo ou amiga que está a vivir este problema, ...interésache botarlle un ollo a este artigo... Pincha aquí

luns, 22 de outubro de 2012

Zombies, monstruos, fantasmas e demais parentes.....

Temos de todo na nosa biblioteca...Estes días seleccionamos libros e contos de medo que están á vosa disposición a partir de mañá. Durante unha semana podedes levar para a casa unha mochila chea de terror para pasar estas noites previas ao Halloween / Samaín que xa se achega.....
Para estes préstamos, falade con Asun.

Andel de Libros (II): Querido hijo: estás despedido, de Jordi Sierra i Fabra


Querido hijo: estás despedido, de Jordi Sierra i Fabra


El libro Querido hijo: estás despedido me pareció muy interesante porque trata sobre un chico al que lo tienen que despedir porque es muy desordenado y no tiene ningún orden en su habitación.
Yo del libro Querido hijo: estás despedido no cambiaría nada, lo dejaría como está.
Este libro por el título y por la portada atrae mucho para leerlo y por esta razón recomendaría que lo leyerais como yo.
Porque a mí me gustó mucho y no tiene muchas palabras desconocidas y lo entenderíais muy bien. 

Margarita Pombo Castro (3º PDC)

xoves, 18 de outubro de 2012

Compartimos lecturas co Club de lectura do F.C.Barcelona....!!!

Pois así como volo conto...O can dos Baskerville de Arthur Conan Doyle, que está a ser lido nos grupos de 3º e 4º de ESO, está na lista dos libros que van ler no Club de lectura do club blaugrana. 
Máis información aquí

luns, 15 de outubro de 2012

Cousas de meigas...

Querid@s:
Están a pasar cousas raras que impiden visualizar correctamente o diseño do blog, accedendo dende o navegador de Internet Explorer. Cónstanos que isto non ocorre accedendo dende Mozilla ou Google Chrome. Agardamos que se dea solucionado nos vindeiros días, se non, estamos a plantexarnos emigrar a outra plataforma blog e pasar desta na que estamos...
Xa vos iremos dando conta dos cambios se é que os hai. 
Estes duendes da informática están a superarnos, con todo o traballiño que temos que facer!!!

mércores, 10 de outubro de 2012

Andel de Libros (I): Os dous de sempre, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao




Neste curso 2012/2013 continuamos o apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Trazo onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega. 

Desta volta vaise chamar Andel de Libros e, coma no anterior curso, a primeira alumna en achegar materia crítica para o noso recuncho de lecturas é Verónica Barreiro Calviño (4º).


Este libro gustoume, pero en parte levei unha desilusión porque pensei que me ía gustar máis. 
O vocabulario para min era bastante complicado por exemplo: “o cariz macio e arrufado dáballe aires de fidalguía”, a maioría do vocabulario sacábao polo contexto ou como ten un vocabulario antigo tentaba imaxinar as posibilidades. 
Á hora de redactar tamén me foi algo complexo porque o libro ao ter os dous personaxes combinados, facía que eu tivese que andar de adiante a atrás para formar a historia, aínda que por outra parte facía o libro moi ameno. Tamén as imaxes e o humor axudaron a que fose mellor de ler. 
Polo tanto considero que é unha lectura interesante porque os personaxes e a historia están ben.

Verónica Barreiro Calviño (4º)



O libro gustoume bastante, pero o vocabulario que usou o autor para escribilo está cheo de castelanismos, dialectalismos e arcaísmos, algo que é normal na época na que o escribiu; e isto fai que o libro sexa máis difícil de entendelo.
O libro parece unha anécdota da vida porque os que son preguiceiros non conseguen nada, aínda que ao principio vivan ben, ao final, na vida, teñen o que merecen e o que estiveron conseguindo pouco a pouco.
Pero os que son traballadores e queren conseguir as cousas, conséguenas e ao final teñen unha vida mellor.
A historia que máis me gustou foi a de Rañolas, porque está baseada no esforzo persoal de querer conseguir algo, que aínda que empeces sen ter moito, podes ir mellorando co paso do tempo. Aínda que acaba mal porque ao final Rañolas tolea e suicídase.

Rocío Villasenín Bello (4º)