O que máis me gustou deste libro foi a cantidade de
diferentes tipos de relatos que contén este obra de Carlos Casares. Pero o que
menos me gustou do libro foi que a todos os personaxes lle pasara algo
malo, ou ben acabasen por morrer ou que fosen esquecidos dalgún xeito para
sempre. Outra cousa que me gustaría sería que os relatos en si tiveran algunha
relación cos demais, xa que os relatos estaban como postos aí ao chou no libro.
O que si que me gustou do libro foi as diferentes clases de persoas que
hai no mundo, hoxe en día, e tamén no pasado.
Os personaxes que máis me
gustaron foron o guerreiro Orm e o xudeu Xacobe, xa que de todos os que hai no libro eles dous son os mellores. Pero non me gustou o mal que algúns
dos personaxes o pasaron, por exemplo o xudeu Xacobe, que necesidade había de
lle pegar ao pobre home, se el non fixera nada malo.
Unha cousa que non acabo
de entender foi, que relación ten Clío cos relatos, xa que en ningún deles se
menciona nada dela.
O vocabulario do libro paréceme sinxelo e adecuado, para
ser un libro xa clásico, xa que o normal é que sexa un pouco máis difícil por esa razón.
Este libro gustoume máis ou menos, xa que pensei
antes de lelo que o libro sería doutra forma, e que os relatos tiveran relación
algunha cos demais relatos. Porque así parece que estás lendo pequenos contos
dentro dun só libro. Recomendaría o libro de Carlos Casares aos rapaces e
rapazas da miña idade, e a esperar que lles guste.