Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 21 de novembro de 2016

Andel de Libros (IV): Breixo, de Alfredo Conde





O que máis me gustou deste libro de Alfredo Conde, foi o rápido que Breixo pasaba de estar na realidade a estar nun soño. Tamén me gustou moito a bonita historia que había entre Breixo e Xenara. Pero houbo unha cousa que si que non me gustou en absoluto, que foi que Breixo andara de flor en flor, para despois deixar a e esas mulleres, rompéndolle o corazón e feríndoas por dentro. Tampouco non me gustou que Breixo lle escribira esas cartas aos periódicos, xa que contaba moito a súa vida, como se fora un diario. 

Os personaxes que me parecen mellores son Breixo e Xenara, polo feito de velos tan felices xuntos e de saber aceptar as cousas tal como o son. Pero hai un personaxe, Lisardo, que non me gusta moito a súa forma de ser, xa que me parece un pouco molesto que estea sempre meténdose na vida do seu amigo Breixo. O personaxe de Aia non me acae moito, porque non se fala moito dela, e tampouco me parece que teña un papel fundamental na historia, aínda que este libro baséase na realidade e no soño. No final gustaríame saber que foi de Aia, xa que ela chama a casa de Breixo, e aí acaba o libro. 

O vocabulario do libro eu penso que é sinxelo e doado de entender, así que eu penso que o libro lle podería resultar interesante aos adolescentes e aos xa non tan adolescentes, xa que é un libro co que te entretés con gran facilidade. Este libro gustoume, aínda que non é un dos mellores libros que teño lido, esperábame algo distinto do que lin, pois gustaríame que tivera máis diálogos.

Nerea González López (4º ESO)

Ningún comentario: