Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 18 de xuño de 2021

Book tráiler (CVIII): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Raúl Ferreira Parente

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Raúl Ferreira Parente, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (CVII): Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije. Realizado por Érika Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Érika Grela Bello, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



martes, 15 de xuño de 2021

Book tráiler (CVI): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Paula Moar Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Paula Moar Iglesias, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



domingo, 13 de xuño de 2021

Book tráiler (CV): Matanza, de Roberto Salgueiro. Realizado por Sara Pena Gutiérrez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra de teatro Matanza, de Roberto Salgueiro (Deputación da Coruña, 2013). Realización youtubeira: Sara Pena Gutiérrez, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CIV): As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Raquel Dafonte Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz (Rodeira - EDEBÉ, 2012). Realización youtubeira: Raquel Dafonte Rodríguez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CIII): Ciclo Bis, de David Duran. Realizado por Raquel Dafonte Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Ciclo Bis, de David Duran. Tradución de Ánxela Gracián e Xosé Teipes (Sotelo Blanco, 2001). Realización youtubeira: Raquel Dafonte Rodríguez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CII): Formigas, de Tucho Calvo. Realizado por Aitana Noya Santos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Formigas, de Tucho Calvo (col. Mandaio. Biblos, 2012). Realización youtubeira: Aitana Noya Santos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CI) A canción de Sálvora, de Antón Riveiro Coello. Realizado por Íker Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do relato A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello (Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Íker Señarís Suárez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (C): Noite de temporal, de Manuel Núñez Singala. Realizado por Lúa Edreira Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Noite de temporal, de Manuel Núñez Singala (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Lúa Edreira Martínez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCIX): A canción de Sálvora, de Antón Riveiro Coello. Realizado por Sergio Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do relato A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello (Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Sergio Señarís Suárez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCVIII): Gárgola, de Carlos Vila Sexto. Realizado por Érika Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Gárgola, de Carlos Vila Sexto (col. Costa Oeste. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Érika Grela Bello, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCVII): As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Lucía Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz (Rodeira - EDEBÉ, 2012). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCVI): Noite de temporal, de Manuel Núñez Singala. Realizado por Román Otero Sande

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Noite de temporal, de Manuel Núñez Singala (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Román Otero Sande, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCV): Formigas, de Tucho Calvo. Realizado por Samuel Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Formigas, de Tucho Calvo (col. Mandaio. Biblos, 2012). Realización youtubeira: Samuel Grela Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Balda de Libros (XXVIII): Tes a tas as dez, de Francisco Castro

 

Tes a tas as dez. Francisco Castro. Galaxia

Este libro a min pareceume moi interesante, entretido e é bastante sinxelo de ler xa que se entende todo bastante ben. Ademais a medida de que o vas lendo non podes parar e engancha moito.

Outra razón pola cal me gusta este libro é que mestura o misterio co amor e ás veces incluso co terror. Gústame moito o feito de que estea escrito en primeira persoa xa que así é coma se foses ti o propio personaxe e estiveses dentro da historia.

Eu xa tiña lido outros libros de Francisco Castro e a verdade é que me gustan bastante as súas obras xa que enganchan moito e enténdense moi ben porque pon palabras e expresións que son sinxelas de entender. Ademais que sexa un libro moi groso non quere dicir que sexa un difícil de entender ou simplemente un libro que non che guste xa que hai outros de poucas páxinass que son difíciles de entender.

Sonia Muíño Riomayor (3º ESO)

 

sábado, 12 de xuño de 2021

Book tráiler (XCIV): Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Valeria Grela Bello, coa colaboración de seu irmán Stefan

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Valeria Grela Bello, coa colaboración de seu irmán Stefan. 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCIII): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Rubén Goimil Parafita

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Rubén Goimil Parafita, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCII): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Carla Lema Domínguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Carla Lema Domínguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCI): O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira. Realizado por Íker García Brea, coa colaboración de seu pai José

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira (col. Árbore. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Íker García Brea, coa colaboración de seu pai José, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

xoves, 10 de xuño de 2021

Book tráiler (XC): O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira. Realizado por Ainhoa González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira (col. Árbore. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Ainhoa González Iglesias, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXIX): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Ainhoa González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Ainhoa González Iglesias, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Balda de Libros (XXVII): O bufón d’El Rei. Vicente Risco

 


O bufón d’El Rei. Vicente Risco. A Nosa Terra / AS - PG

Esta obra do autor Vicente Risco gustoume moito pero non me esperaba o final.

O momento máis importante pareceume cando o Bufón fala co Capitán, porque perdóanse un a outro e o Capitán pídelle un favor ao Bufón. Tamén me parece outro momento moi importante cando o Bufón lle di o da amante ao Rei porque grazas a iso detén a Raíña, en fin eses dous momentos parécenme os máis interesantes da obra.

Os personaxes paréceme que están ben, o meu personaxe preferido é o Bufón porque a pesar de ser malo, e de estragarlle a vida ao seu irmán no fondo paréceme boa persoa, xa que lle concede o ultimo favor ao seu irmán.

Lese bastante rápido pero non engancha moito, xa que o Bufón fala durante moito tempo sen achegar nada.

Foi un libro fácil de ler aínda que algunhas palabras non se entendían moito xa que é unha obra clásica.

Cambiaría o final para que seguira e durara a obra un pouco máis e fora máis interesante.

Recomendo este libro porque a min gustoume moito e é divertido. 

David Louro Rey (4º ESO)


Balda de Libros (XXVI): Mentira, de Care Santos

 


Mentira. Care Santos. Edebé

Este libro gustoume bastante xa que fala dunha historia que pode acontecer na realidade porque as redes sociais cumpren unha función moi importante nas nosas vidas. Penso que o libro nos avisa de que debemos ter coidado de con quen falamos pola rede xa que nos poden mentir como ben conta o libro.

Ao principio presenta a miña personaxe favorita como Marcelo, un rapaz que lle minte a Xenia xa que se fai pasar por outra persoa totalmente diferente. Despois ao Xenia saber a verdade este personaxe sabemos que en realidade é Eric.

A min a personaxe de Marcelo non me gusta nada pero a de Eric si xa que a súa historia faime reflexionar bastante. Non pensaba que Eric sería así sorprendeume bastante xa que é un neno que sufriu bastante por mor da súa familia.

O libro enténdese moi ben xa que o seu vocabulario é moi sinxelo á hora de ler.

Como me gustou tanto este libro non dubidei en empezar a ler Verdade a segunda entrega desta serie de libros, xa que continúa coa historia de Eric.

O libro recomendaríallo a nenos adolescentes sobre todo xa que os personaxes están enfocados en persoas desta idade.

O final está bastante ben pero para saber de verdade como acaba o libro vou ler os dous seguintes que continúan a este narración tan sorprendente.

Ana Señarís Veiras (3º ESO)


Balda de Libros (XXV): Iridium, de Francisco Castro

 

Iridium. Francisco Castro. Galaxia

A min este libro gustoume moito xa que fala dunha enfermidade como é o dano cerebral adquirido, o que é o mesmo a DCA. E cóntanos como convive con el Iris, a protagonista do libro.

A narración pareceume moi interesante xa que ao igual que lle pasou a ela, o do DCA ,tamén nos pode pasar a nós isto dun día para outro.

Gustoume o desenvolvemento que dixo Francisco Castro aínda que lle engadiría que sucedese algo entre Chechu e Mario.

Durante todo o libro usa unha lingua sinxela, que o fai fácil de entender.

Eu recoméndovos ler este libro xa aprendes cousas ao tempo que o estás lendo e tamén é moi sinxelo de ler.

Iria Castro Noya (3º ESO)

O libro Iridium pareceume un libro moi interesante porque se mete na pel dunha adolescente e iso atrae máis aos lectores/lectoras adolescentes, á parte de ser moi fácil de ler porque contén vocabulario mais informal o cal axuda a entender mellor a historia.

Ademais as personaxes están moi ben desenvolvidas porque perfectamente pódeste imaxinar esas personaxes.

Unha cousa que me pareceu moi orixinal deste libro é que conteña conversacións de wassap e ademais que conteña correos electrónicos. Outra cousa moi sorprendente deste libro é que podes sentir as emocións de Iris (a protagonista).

En resumo, deste libro non cambiaría nada, ao mellor meteríalle unha pequena historia de amor entre Iris e Mateo pero aínda así paréceme un libro de 10 o cal debería ser lido por máis persoas.

Por último, algo que non dixen foi que no libro trata un tema tan serio que é a DCA, unha cousa que me gusta xa que é un trastorno moi forte e o trata como algo moi duro pero á vez que se pode levar.

Paula Moar Iglesias (3º ESO)

A min este libro gustoume moito porque fala dunha nena que tivo un accidente e consegue superalo, tamén me gusta porque conta a vida dunha adolescente e nalgunhas partes do libro represéntame como adolescente.

A miña personaxe favorita é Iris porque conta a súa vida e aínda con problemas consegue superar todo o que se propón.

Este libro eu recoméndollo a calquera persoa porque é unha novela moi interesante e entretida, a única "pega" que lle podería engadir sería que ten poucas paxinas e acabas de lelo nunha tarde. Tamén me gustou moito deste libro o realista que chega a ser nalgúns momentos e tamén conta unha historia de amor entre Iris e un rapaz.

A miña parte favorita é o final, como xa dixen pareceume moi sinxelo de ler e recoméndollo a calquera persoa que lle guste e interese ler, ademais é demasiado curto e entretido, o vocabulario é todo moi sinxelo e enténdese todo á perfección.

Darío Sánchez Liste (3º ESO)

Este libro na miña opinión está moi ben. Pareceume moi interesante, sobre todo entretido e á súa vez moi conseguido. Cando comezas a ler a historia non podes parar, porque cada capítulo é único. O final da historia, na miña opinión, é un pouco aberto, pero está bastante ben. O autor definiu moi ben os personaxes coma se fosen adolescentes destes tempos, as súas características ben definidas, a forma en como falan e se relacionan entre eles etc… O detalle de que houbese unhas páxinas coas representacións dos diálogos no Whatsapp pareceume moi divertido e a verdade é que me gustou moito.

A lingua que emprega o autor deste libro é bastante sinxela, porque nela non se atopa case ningunha palabra que sexa difícil de comprender.

En resumo este libro é moi recomendable para todo tipo de persoas independentemente da súa idade.

Valeria Vásquez Fernández (3º ESO)

 

martes, 8 de xuño de 2021

Book tráiler (LXXXIII): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXII): O segredo da vella libraría, de Xabier López López. Realizado por Irene Arnejo Domínguez, coa colaboración de Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O segredo da vella libraría, de Xabier López López (col. Árbore. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Irene Arnejo Domínguez, coa colaboración de Sara Gómez García, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXI): Os nenos da varíola, de María Solar. Realizado por Valeria Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Os nenos da varíola, de María Solar (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017). Realización youtubeira: Valeria Vásquez Fernández, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXX): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Valeria Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Valeria Vásquez Fernández, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXIX): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXVIII): Os nenos da varíola, de María Solar. Realizado por Ana Señarís Veiras

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Os nenos da varíola, de María Solar (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017). Realización youtubeira: Ana Señarís Veiras, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



luns, 7 de xuño de 2021

Book tráiler (LXXVII): Tes ata as dez, de Francisco Castro. Realizado por Sonia Muíño Riomayor

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tes ata as dez, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Sonia Muíño Riomayor, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Balda de Libros (XXIV): Xogos de Damas, de Anxo Rey Ballesteros

 


Xogos de Damas. Anxo Rei Ballesteros. Os libros do CDG. Xerais

Gustoume bastante a obra, creo que está ben feita e a idea é boa, pero creo que lle poderían ter dado algo máis de emoción e acción polo medio, xa que mentres se vai contando a historia non pasa nada emocionante, só no final cando se descobre que Pamela está con Totó, o ex de Berta e Virxinia.

Tamén creo que o personaxe de Rieira non vén moito a conto na trama, xa que só aparece no principio e despois non volve aparecer, e as escenas nas que aparece el non teñen nada que ver co resto da obra.

O final si que me gustou moito, xa que se descobre algo que ninguén esperaba, e dálle emoción á historia, pero creo que se podería ter desenvolto un pouco máis con Berta e Virxinia decatándose da relación entre Pamela e Totó.

A linguaxe non é difícil de entender e o meu personaxe favorito é Virxinia.

Laura Codesido Fernández (4º ESO)

A min este libro encantoume porque é moi interesante e lese moi rápido. Este texto é unha obra teatral con varios personaxes que van intervindo no libro.

O libro trata sobre un pai e unha filla que se atopan nun bar, despois desenvólvense varias escenas onde aparece o noivo e finalmente as amigas. Nas escenas que aparecen as amigas fan uns papeis cada unha, ou sexa, interpretan a persoas que están presentes nas súas vidas.

O meu personaxe favorito é a protagonista (Berta) porque é decidida, segura de si mesma e ten moita paciencia, seu pai fai cousas que a ela non lle gusta como levar a unha muller á súa habitación pero aínda así non se enfada.

A miña parte favorita é o final porque descobres como son as súas amigas.

O final é moi surrealista porque non te esperas iso, deberían acabar o final e ver a reacción da protagonista. 

O vocabulario é moi fácil de entender, igual algunhas palabras non sabes que significa pero co contexto xa o entendes. 

Nerea González Rey (4ºA) 

O libro Xogos de damas é un libro moi entretido e interesante. Paréceme que engancha bastante xa que queres saber o que vai a acontecer e como vai a rematar cada escena. 

A obra ten bastantes escenas importantes ao longo da obra, pero a que me parece máis importante e tamén a menos esperada me parece quue é a escena final. Nela pódeste decatar de cousas que non podes sospeitar durante a obra.

Os personaxes desta obra gustáronme polo xeral bastante, xa que son entretidos e bastante diferentes entre eles. Isto na miña opinión fai que sexa un libro que che guste máis e sexa mais sinxelo de ler. Pero o personaxe que máis me gustou foi Virxinia, xa que é unha persoa moi sincera,directa e moi segura do que fai en cada momento.

A obra ten na miña opinión un desenvolvemento axeitado, fácil de seguir e de comprender o que está a acontecer en cada escena. O final é bastante inesperado e aberto.

Arancha Rey Brea (4º ESO)