Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 28 de febrero de 2019

Andel de Libros (XXI): Europa Express, de Andrea Maceiras


Ola! O meu nome é Paula e estou aquí de novo, desta vez para falarvos do libro Europa Express, de Andrea Maceiras. Este relato fala duns mozos e mozas que ao acabaren o bacharelato deciden percorrer Europa no Interrail,  para descubrir o que verdadeiramente é a liberdade. Na súa estancia en Berguen (Noruega), alguén tira unha foto no preciso momento  no que o grupo de adolescentes cruza o porto da cidade. Dez anos despois, un membro da panda atopa esa mesma foto nunha postal que compra nunha nova visita á cidade. Esta coincidencia, leva ao novo reencontro dos antigos estudantes pero un, Xacobe, xa non está entre el@s.

Ao falar dos personaxes, o meu favorito é Piero, un rapaz veneciano que ve todo dunha maneira moi especial.

Para min o momento máis importante foi cando Aroa marchou da casa, porque é moi emocionante e intrigante.

Non faría ningún cambio, porque está todo moi ben ligado entre si. Tampouco no final, porque o atopo axeitado e inesperado.

En canto ao vocabulario, emprega unha lingua sinxela de fácil comprensión.

Finalmente, coma sempre, recomendarvos esta lectura porque realmente vale a pena.

Paula Noya Redondo (3º ESO)


Gustoume moito o libro. Pareceume que o mellor momento foi cando foron falar coa brasileira, porque era como o final do libro. É dicir, ir falar con esa muller foi como a solución aos problemas dos protagonistas. O momento máis esperado, e gustoume moito esa parte.

O tema pareceume interesante e diferente, bastante único. Non aburre nada, xa que ao facer tantos flash backs, mantíñaste entretida. 

A min, os personaxes que máis me gustaron foron Óscar e Nico. A maneira de falar de Óscar fixo que a lectura fora máis entretida, e a curiosidade de Nico por saber que fora realmente o que lle pasara ao seu amigo Xacobe, resolvíache calquera dúbida que puideras ter sobre o libro.

O final non estivo nada mal, aínda que non lle daría tantas voltas, xa que me pareceu moi enredante.

A lingua pareceume moi fácil de entender, incluso ás veces, botabas unhas risas coa maneira de falar dalgún personaxe.

Recomendo ler este libro porque me pareceu que enganchaba moito, e que ten un final feliz e é un relato moi real, é dicir, que podería pasar na realidade.

Iria Boquete Sánchez (3º ESO)

Ola, son Ana Cebey, e vou facer unha pequena valoración sobre Europa ExpressO libro gustoume moito, de fácil  lectura e fácil comprensión.


Lese moi rápido e pareceume axeitado para a nosa idade, xa que usa un vocabulario bastante sinxelo.

Unha das cousas que máis me gustou foi que fala dende moitos puntos de vista, e así podes saber o que pensa cada personaxe.

Non me gustou moito que alternase épocas de tempo, xa que te lía un pouco.

O momento máis importante para min foi na cea, xa que dende aí comezaron a pasar cousas moi potentes.

O personaxe que máis me gustou foi Nico, xa que me pareceu un rapaz bastante maduro, pero que quere resposta para todo.  Pero considéroo unha persoa moi responsábel.

Tamén me gustaron moito os personaxes de Xacobe e de Aroa, porque penso que o fixeron moi ben 
para levar a súa relación en secreto.

A verdade é que eu este libro lino en moi pouco tempo e enganchoume moito, recoméndollo a todo o alumnado. Adeus!

Ana Cebey de la Torre (3º ESO)
                 

Andel de Libros (XX): Rúa Carbón, de Marilar Aleixandre




O momento máis importante para min foi cando Paula le o poema en honor a Iñaki, porque a súa actitude paréceme moi valente e que non ten medo de expresar a súa opinión.

O tema é interesante porque son cousas que pasaban fai anos como é o tema sobre a ETA, pero sinceramente é un libro que non me enganchou nada e pareceume moi difícil de ler porque había moitas palabras que non entendía, por exemplo algunhas palabras estaban en éuscaro e non aparecía a tradución.

A verdade é que non sei que cambios facerlle, porque a ver, o tema está ben pero como me pareceu moi difícil de ler e tamén de entender pois xa non me interesou, pero sen dúbida unha das cousas que lle cambiaría seria a portada pois, despois de ler o libro, non che sabería dicir que relación ten a portada do relato co contido.

Pareceume difícil de ler, algunhas veces ata tiven que ler varias veces a mesma páxina, pero ben, iso depende de cada un.

Leticia Añón Guerra (3º ESO)

Andel de Libros (XIX): Chamábase Luís, de Marina Mayoral




Este libro gustoume dende o primeiro momento, e iso que a min non me gustan os libros con varias historias, mais este enlázaas moi ben, o punto de vista da nai (Rosa) é como unha especie de adianto do que vai pasar nas outras historias xa que ademais de contar a súa vida de cando era pequena, os mozos que tivo... falaba de todos os outros personaxes que relatan máis adiante o seu punto de vista.

Eu non podería dicir o momento máis importante, pois todos teñen a súa importancia.

Este libro lino moi rápido parecíame tan entretido que non podía parar de ler, negueime a facer outra cousa mentres non o acabase. O único que faría de cambio sería alargar o libro e contar a vida de todos despois da morte de Luis, pois quedei con ganas de saber se acababan sendo felices.
Rosa pareceume un dos mellores personaxes, pois trata moi ben a todo o mundo, sen esperar nada a cambio, así como coida a Luis a cambio de que este lle roube, e lle pida cartos, ela sufriu moito.

Alba Dafonte Rodríguez (3º ESO)