Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 9 de diciembre de 2020

Balda de Libros (III): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey



A Pomba e o Degolado. Fina Casalderrey. Xerais

Cando o rapaz vai co seu avó comprar un paxaro é a escena que máis me gustou. O tema e interesante e emocionante á vez. A min gustoume moito porque é a realidade, as cousas son como no libro e a moitas persoas lles pasan cousas como as que suceden no relato. 

A miña personaxe favorita é André porque faille caso a seu avó e quéreo moito e cóidalle os paxaros e porque fai cousas baseadas moito na realidade. 

O momento máis importante para min é cando morre o avó de André, porque o rapaz axuda na casa mais recórdalle o seu amigo Curro cando lle morreu o seu pai. E tamén cando no final Curro chama a André e lle di que a súa amiga Halimet é a pomba que lle falaba pola internet.

O final tamén me gustou porque é un final aberto, e non sei se hai outro libro pero se o hai gustaríame lelo porque este gustoume moito. Se eu fose o autor no final poñeríalle outo porque o que ten déixate coa intriga.  

Rubén Goimil Parafita (3º ESO)

Balda de Libros (II): Memoria do silencio, de Eva Mejuto



Memoria do silencio. Eva Mejuto. Xerais 

A min este libro gustoume moito, porque ademais de ser moi fácil de ler, é moi entretido e interesante, xa que está baseado nunha historia real e iso é moi interesante, e persoalmente gústanme moito os libros que falan sobre cousas da segunda guerra mundial. 

A miña parte favorita deste libro, foi cando Lola foi recoller a Frieda á estación de tren, porque tiveron a mala sorte de atoparse cos alemáns e a policía e tamén, porque, pareceume unha escena moi ocorrente. 

Pero hai algunhas cousas deste libro que non me gustaron, como o final. O desenlace deste libro non me gustou moito, xa que é un final moi aberto que non explica o que pasa despois de que Frieda cruza o río e tampouco conta que pasou ao final con Günter e Jörg, só conta que se oíron algúns disparos. Tampouco me gustou que fora un libro tan breve. 

En definitiva este é un libro moi recomendable, sobre todo se che interesa o tema que trata. 

Pablo Codesido Fernández (3º ESO)

Balda de Libros (I): 22 segundos, de Eva Mejuto.



Un novo curso 2020/2021 e continuamos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega

Desta volta vaise chamar Balda de Libros e a primeira alumna en achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho das lecturas foi Iria Castro Noya Redondo (3º ESO). Velaquí a recensión: 


A min este libro gustoume moito, xa que é un relato moi interesante, e o feito de estar narrado en primeira persoa fai que o libro sexa máis doado á hora de lelo. 

Trata dun tema que se dá moito na actualidade, como é a transexualidade. O libro vainos contando a súa vida dende máis cativa, que daquela recibía o nome de Xela ata máis maior que se pasou a chamar Álex. 

A miña personaxe favorita é Álex, xa que ao longo de toda a súa adolescencia pasouno mal por culpa das súas amizades, pero ao final coa axuda de Ana, o seu avó e de súa nai conseguiu ir ao psicólogo e dar o gran paso. 

22 segundos é un libro moi sinxelo e fácil de ler, polo que o poden ler dende os máis cativos ata maiores, tamén se fai bastante curto e é moi interesante. 

Iria Castro Noya (3º ESO) 

O momento máis importante do libro é cando Álex e Ana se bican, porque iso a Alex faino máis forte e parece que desde ese momento Álex empeza a sentir a verdadeira felicidade e comezou a confiar máis na súa xente máis próxima como en Ana, seu avó ou súa nai. 

O tema deste libro é moi interesante xa que nos fala dun colectivo que nesta sociedade está marxinado pero co paso do tempo estase facendo ver pero moi pouco a pouco. Tamén e moi interesante porque este tipo de historias acontecen na realidade e por desgraza moita xente rise disto e pensa que a xente transexual está enferma. Este libro axúdanos a ver a realidade e a comprendela. 

Non faría ningún cambio porque me gustou moito o libro. O final é axeitado pero non deixaría morrer ao avó de Álex porque é a miña personaxe favorita de todo o libro xa que é quen mellor entende a Álex e quen desde que el era cativo e súa nai estaba a berrar con el, Ramón, sempre o defendía e conseguía sacarlle un sorriso. 

O libro ten un vocabulario sinxelo que fai bastante comprensible o libro. A verdade é que a min gustoume moito o libro que o lin en dous días porque quería saber por completo a historia de Álex. 

Ana Señarís Veiras (3º ESO)