Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 3 de xuño de 2024

Book tráiler (LXXXVI): Déixao medrar, de Silvestre Gómez Xurxo. Realizado por Fernando Muíño Couto

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Déixao medrar, de Silvestre Gómez Xurxo, ilustracións de Creus Dalgá (col. Merlín. Xerais, 2001). Realización youtubeira: Fernando Muíño Couto, 1º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Balda de Libros (XXXII): Servicio de urxencias, de Suso de Toro

 

Servicio de urxencias. Suso de Toro. Xerais

A min este libro gustoume moito. Aínda que non adoito ler libros de teatro e de comedia, esta obra sorprendeume e superou as miñas expectativas. Trata dun hospital un pouco distinto dos hospitais aos que adoitamos acudir porque os médicos teñen unha maneira de atender os doentes un pouco peculiar. Contén unha serie de historias entrelazadas que fan referencia a cada quenda de noite que pasaban.

Non son moitos os personaxes, pero entre eles temos un par de doutores, unha enfermeira, un celador e un xerente. Todos eles son personas que seguro che fan rir.

O meu personaxe favorito é Paulino, un dos doutores. Paréceme o máis simpático de todos e faime moita gracia cando saca a súa tarteira para comer a calquera hora da noite. Sen importarlle se son as dez, as dúas ou as seis da mañá, el sempre terá unha probiña dos callos milagreiros de súa nai á túa disposición.

Recoméndovos ler este libro xa que, como está escrito nun rexistro bastante coloquial, ten un vocabulario bastante sinxelo e fácil de entender que ameniza a lectura.

Uxía Mariño Parafita (4º ESO)

Persoalmente a miña opinión sobre o libro Servicio de Urxencias é que me parece unha obra de teatro moi doada de ler, non ten un vocabulario difícil e enténdese moi rápido. Calquera persoa da miña idade é capaz de entendelo e de que lle guste tanto como a min.

Para min este libro tivo momentos moi icónicos e graciosos pero creo que o máis interesante sería cando o exmozo de Chus se disfraza de vella para poder ir ver a súa amada.

Nesta obra trátanse temas moi diversos, como por exemplo, o amor dunha nai (cando a nai de Cipri lle trae comida), o amor nunha parella (represéntao moi ben a exparella de Chus) ou tamén a situación real que ocorre nos hospitais diariamente.

Fai unha mestura de moitos temas, pero non hai un que me pareza mellor que os outros, son todos moi interesantes e importantes a tratar e a dar a ver.

Falando do final ten un desenvolvemento bastante aberto, aí sí que faría algún cambio para que tivese un final pechado, xa que en toda a obra son historias soltas de urxencias que hai os sábados ás noites.

Este libro gustoume moito, e paréceme que todos os personaxes levan unha historia que contar ás súas costas.

Antía Bello Liñares (4º ESO)

 

Balda de Libros (XXXI): O cero escuro, de An Alfaya

 


O cero escuro. An Alfaya. Tambre - Edelvives

O cero escuro é un libro escrito por An Alfaya, penso que conta unha historia moi interesante e moi entretida, trata sobre un tema moi importante, as redes socias e os perigos escondidos nelas, lanza unha mensaxe a todos os adolescentes para que non se fían da xente que hai tras a pantalla, xa que son uns descoñecidos e en moitos casos non son boas persoas nin teñen boas intencións.

O meu personaxe favorito é Nadia, penso que é unha rapaza moi boa que busca o benestar da xente que a quere e que daría a vida polos seus amigos. Á parte diso penso que é moi sincera, que dá unsconsellos moi bos para a sua curta idade. Outro personaxe que destaca é Aurora, penso que é unha rapaza moi fráxil que se esforza por aparentar que é moi forte pero a realidade é que non é así. Os profesores que se describen no libro son moi boas persoas, preocúpanse moito polos seus alumnos.

Os lugares están moi ben descritos, é doado imaxinarse como son, penso que son os adecuados para cada situación.

Este libro, na miña opinión, é para todas as idades, en especial para os adolescentes que confían de todo en xente que se atopan tras a pantalla, e que son tan inocentes que pensan que todo o mundo é bo, cando en realidade hai xente boa, pero tamén mala.

Cristina García Regueiro (3º ESO)