Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 12 de novembro de 2015

Mañá venres, 13 de novembro, CEGAL e a Federación de Librarías de Galicia promoven o Día das librarías




Da bitácora Brétemas de Manuel Bragado, Director de EdiciónsXerais, reproducimos esta anotación que convida a mercar libros este venres con descontos sobre o seu prezo de venda. Unha boa inciativa de promoción da lectura que podedes aproveitar.

O vindeiro venres, 13 de novembro, CEGAL e a Federación de Librarías de Galicia promoven o Día das librarías, unha nova festa do libro, que chega a súa quinta edición, coa que se pretende facer máis visible o libro no espazo público e privilexiar a súa adquisición na libraría. Con este motivo haberá en todas as librarías de España un desconto do 5 %, presentacións e outras actividades de animación, así como unha iniciativa en Twitter, #libreriasmolonas, promovida coas mesmas intencións, neste caso polo Observatorio de Lectura e do Libro. Unha proposta que convida aos lectores e lectoras a compartir o coñecemento daquelas librarías que cadaquén considera «molonas».