Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 17 de junio de 2014

Balda de Libros (LXXIV): A man dos paíños, de Manuel Rivas


A man dos paíños. Manuel Rivas, Xerais.


A min este libro gustoume moito xa que é fácil de comprender, non hai partes que non poidas entender, etc.

A min o que máis me gustou de historia foi a complicidade que hai entre Castro e súa irmá. 

Outra cousa que me chamou moito a atención foi que o protagonista e mais Castro eran tan bos amigos que cando lle reimplantaron a man pensou que era a man de Castro e non a del e por tanto cando se enterou que era a súa man e non a do seu mellor amigo, de repente esa man volveuse torpe.

É un libro moi entretido do que se podería estar falando todo o día a pesar de que é tan curto, cunha letra moi grande. Engancha moito e entón lese rápido porque non podes parar de ler. Por outra banda ten un vocabulario moi comprensible.

Miriam Baleato Fraga (3º ESO)

Este libro está ben, pero non foi un dos que máis me gustou, xa que hai en partes del que non entendo moi ben, por exemplo a vida amorosa de Castro.

Despois o vocabulario é sinxelo de entender, o argumento gustame como esta pensado, xa que conta unha historia interesante.

Persoalmente a parte que máis me gustou foi cando o narrador se disgustou porque a man que lle puxeran era a súa, xa que demostra o aprecio que lle tiña ao seu compañeiro. E tamén me gustou cando tatuou os dous paíños entre os dedos da man con que agarrou a súa irmá por última vez.

Sandra Noya Redondo (3º ESO)

O libro non me gustou moito debido a que non me pareceu  interesante,  porque sobre todo me gustan os  libros de misterio e de terror, incluso hai partes que non cheguei a entender como a quen lle ían operar a man, pero despois decateime.

Non me pareceu que houbera moitos momentos interesantes, o que fixo que o libro se me fixese un pouco aburrido.

O  final  en cambio gustoume debido a como despiden a unha persoa que tivo que ver nas súas vidas.

Cambiaríalle a linguaxe do libro para que pareza máis intrigante e menos aburrido.

Álvaro Noya Rey (3º ESO)

Balda de Libros (LXXIII): A lenda de Cuaima e Mohan, de Xan Eguía



Penso que a portada engana moito porque parece que é un libro de medo cando trata sobre tribos, loitas e fantasía. Por iso o escollín porque pensaba que era de medo. Podería mellorar se explicaran máis as situacións nas que están as personaxes.

A parte que máis me gustou foi como se organizan as tribos para loitar contra os inimigos para protexer a súa aldea.

O que menos me gustou foron os capítulos de fantasía porque non explican cando empezan, tes que discurrir ou dino ao final do capítulo e así non te dás de conta. 

Non recomendo este libro debido a que ten moitas cousas que non se entenden, por exemplo cando comezan o soños non indica cando empezan, aparecen sen avisar. Hai capítulos que pasa algo pero non explica o que está acontecendo. Recomendo que si non che gusta o mundo das tribos, fantasía e guerras non o leas porque non o vas a entender.

Daniel González Iglesias (3º ESO)