Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



Amosando publicacións coa etiqueta Ciencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencias. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de febreiro de 2014

Confirmado: a lectura estimula globalmente o noso cerebro

Máis que o libro que estamos a ler, a clave está no tipo de persoa que le, os seus gustos, as súas aficións... Cando lemos sobre o que nos motiva, a actividade cerebral é maior, e perdura no tempo.  Por exemplo, cando lemos sobre un partido de fútbol que se está a xogar, a actividade cerebral é real nas áreas cerebrais onde están representadas as pernas, aínda q loxicamente, máis leve que cando xogamos realmente ao fútbol.

Podes escoitar aquí  as explicacións, prácticas, sinxelas e breves, sobre o proceso desa estimulación  cerebral

luns, 3 de febreiro de 2014

De cervexa e literatura

Hoxe todo o instituto cheiraba raro. Ao final da mañá enterámonos de que era un experimento que elaboraban no laboratorio os de 4º de ESO. Estaban a fabricar cervexa !!!!

Non sabemos se se poderá probar ou que, mañá tentaremos investigar algo máis sobre o asunto...

Mentres tanto, déixovos cun artigo buscado para a ocasión sobre "cervexa e literatura"...


"Dejando al margen alcohólicos reconocidos como Bukowski (“la cerveza es sangre continua, una amante continua”), William Shakespeare ya dijo que “la mejor cerveza está donde van a beber los monjes”. (...)

 “¿Has probado alguna vez la cerveza?”, pregunta Charles Dickens por boca de Mr. Swiveller a su sirvienta en The Old Curiosity Shop. “Una vez probé un sorbo”, contesta esta, para asombro de Swiveller, que le replica que “Nunca la has probado, no puede ser probada de un sorbo”. Y encarga un plato de carne “y una gran jarra, llena con un oloroso compuesto que despedía un agradecido vapor, hecho según una receta particular”. (...)

Hasta japoneses como Haruki Murakami saben, según cuenta en The Wind-Up Bird Chronicle que “una cerveza fría al final del día es la mejor cosa que la vida puede ofrecer. Alguna gente dirá que si está muy fría no sabe bien, pero no podría estar más en desacuerdo. La primera debe estar tan fría que no la sientas. La segunda puede estar un poco más caliente, pero la primera debe estar como el hielo”.

Pincha aquí para ler o artigo completo

venres, 4 de novembro de 2011

Hoxe celebramos o Día da Ciencia en galego

Entre outras actividades, o alumnado de Secundaria foi repartido en grupos para a elaboración de prácticas curiosas e divertidas no laboratorio e outras aulas. Algúns dos experimentos foron realmente asombrosos. A algúns e algunhas quedounos a cara do alumno da imaxe diante dos efectos "físicos e químicos" que estabamos a presenciar.

Noraboa ao profesorado do Departamento de Ciencias e do Departamento de Física e Química por botar a andar esta iniciativa.

Queres contarnos como foron os experimentos? Cal foi o que máis che gustou? A nós chamounos especialmente a atención o do vinagre misturado con bicarbonato en efervescencia. Nunca tal víramos! . Cando nós estudiabamos, non se facían estas cousas!