Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 11 de decembro de 2015

Balda de Libros (XII): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre



Este é un libro que me gustou moito porque é bastante sinxelo de ler, ten moitos debuxos, pareceume moi entretido, e tívome moi enganchada para saber quen é o asasino da protagonista, Lurdes.

O momento máis importante paréceme cando Ana se dá conta de que o asasino pode ser Pepe Castro, despois de estar enleada con el.

O que eu cambiaría deste relato é que Ana se enlease con Pepe porque estaba facendo o seu traballo e non se pode despistar. A parte de que se vía desde o principio que era el o asasino.

O meu personaxe favorito é a señora do 3ºC, porque aínda que non é dos personaxes principais, pareceume moi boa e proporcionou información moi importante sobre o caso.

Respecto ao final do relato, cambiaríao porque me parece moi obvio quen era o asasino, e gustaríame que fose un pouco máis intrigante, pero aínda así gustoume.

Para min foi moi sinxelo de ler porque é bastante curto e usa un vocabulario fácil. Recoméndollo á xente aínda que non lle guste moito ler, xa que se fai moi entretido e lese moi rápido.

Alicia Guillín Casal (4º ESO)

Balda de Libros (XI): Que me queres, amor?, de Manuel Rivas


Que me queres, amor? Manuel Rivas. Galaxia

A min este libro gustoume moito, porque as historias eran moi interesantes, é un libro entretido, e cando les unha páxina desexas que chegue a seguinte para saber o que pasa. 

O relato que máis me gustou foi "A lingua das bolboretas" porque é unha historia moi bonita, pero eu cambiaríalle o final, porque non me gustou que lle pasase iso ó profesor. E o relato que menos me gustou foi o de "Conga Conga", porque é moi curto, e ó contrario dos demais relatos, non me enganchaba tanto como para ter o mesmo entusiasmo para seguilo lendo.

Recomendaríalle este libro a todas as persoas do mundo ás que lle guste ler, pero en especial, recomendaríallo a todos aqueles que leron o libro de Males de cabeza de Fran Alonso e que lle gustou, porque é un libro do mesmo estilo, ten relatos de moitos tipos diferentes, e pásase moi ben lendo.

Ata o momento é o libro que máis me gustou dos que lin dende que empecei a ler libros en galego en primeiro de ESO.

Adrián González Lage (3º ESO)

A min estas historias parecéronme moi interesantes porque sempre estaba desexando empezar o seguinte relato.

A parte que máis me gustou foi “A lingua das bolboretas” porque é unha historia moi conmovedora polo final tráxico, tamén me gustou pola relación que había entre Pardal e o mestre.

O relato que menos me gustou foi “Cousas” porque non me gustou que as cousas cobraran vida, parecíame moi infantil e moi curto.

Faría un cambio no relato “Unha flor branca para os morcegos”, pis ao final do relato intentaría que Dani atrapara a Don a través da nai.

Os personaxes parecéronme axeitados pero eliminaría o marido da chinesa do relato "Un saxo na néboa” para que o protagonista puidera fuxir con ela.

En xeral todos os relatos gustáronme, aínda que uns máis ca outros. E a lingua pareceume axeitada e fácil.

Recomendaríallo a Dani e a Alicia porque me parece un libro con relatos moi interesantes e tamén porque é fácil de entender e de resumir.

Laura Mariño Rey (4º ESO)