Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 11 de diciembre de 2015

Balda de Libros (XII): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre



Este é un libro que me gustou moito porque é bastante sinxelo de ler, ten moitos debuxos, pareceume moi entretido, e tívome moi enganchada para saber quen é o asasino da protagonista, Lurdes.

O momento máis importante paréceme cando Ana se dá conta de que o asasino pode ser Pepe Castro, despois de estar enleada con el.

O que eu cambiaría deste relato é que Ana se enlease con Pepe porque estaba facendo o seu traballo e non se pode despistar. A parte de que se vía desde o principio que era el o asasino.

O meu personaxe favorito é a señora do 3ºC, porque aínda que non é dos personaxes principais, pareceume moi boa e proporcionou información moi importante sobre o caso.

Respecto ao final do relato, cambiaríao porque me parece moi obvio quen era o asasino, e gustaríame que fose un pouco máis intrigante, pero aínda así gustoume.

Para min foi moi sinxelo de ler porque é bastante curto e usa un vocabulario fácil. Recoméndollo á xente aínda que non lle guste moito ler, xa que se fai moi entretido e lese moi rápido.

Alicia Guillín Casal (4º ESO)

No hay comentarios: