Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Matilda, de Roald Dahl, tradución de X. Miguel Barros (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Matilda, de Roald Dahl, tradución de X. Miguel Barros (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da banda deseñada Tam, de Anémona de Río (Retranca Editora, 2017). Realización youtubeira: Lucía Sánchez Couselo, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala (col. Costa Oeste. Galaxia, 2019). Realización youtubeira: Irene Iglesias Domínguez, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
O relato “A ermida do diaño“ é contado desde a perspectiva dun viaxeiro da cidade que vai a unha aldea que está preto do mar. Este viaxeiro foi á taberna da aldea e alí escoitou falar dunha ermida á que lle chamaban a ermida do diaño. E este home preguntáballe aos habitantes desa aldea por esa ermida, pero eles non querían falar dela. Ao longo da historia trata de averiguar que misterios agocha a ermida.
No libro aparecen moitos personaxes como o son o viaxeiro, Toxomanso, o propietario do bar, a camareira do bar, o cura… O protagonista da historia é o viaxeiro, os demais son personaxes secundarios. Toxomanso é un home que estaba seguido na taberna da aldea, borracho, e o cura é a única persona que lle axudou ao viaxeiro a descubrir o misterio da ermida. O meu personaxe preferido foi o viaxeiro, e o que menos me gustou foi Toxomanso.
A
verdade é que este libro non me gustou moito, xa que para o meu gusto
a historia cóntase de maneira moi desordenada. Á parte tamén hai
moitas palabras que non entendo.
Samuel Grela Seoane (3º ESO B)
Iridium. Francisco Castro. Galaxia
A min, persoalmente, este libro gustoume moito, xa que trata dun tema algo delicado de contar, fálanos das complicacións que ten unha nena chamada Iris coa súa enfermidade, e dinos algúns dos acontecementos que lle suceden ao longo deste proceso.
Penso que ten un argumento flexible e que calquera persoa de calquera idade o podería entender, xa que o seu vocabulario non é difícil.
O mellor momento do libro para min foi cando Iris desmentiu o misterio do iPhone de Chechu, pois podo imaxinarme a cara que lle quedou cando viu que a moza coa que saíra lle collese o móbil e descubrise que el lle fora infiel.
Houbo un momento que non me gustou nada, que foi cando Chechu trata mal a Iris e lle di esas cousas.
No meu parecer o final é moi aberto, xa que, non sabes que pasou coa moza e Mario. Gustaríame que houbese un final máis pechado porque agora deixoume coa intriga de saber que pasou entre eses dous.
Eu recomendaría o libro, ten un vocabulario sinxelo e é bastante drástico, aínda que á parte diso é moi divertido.
Antía Bello Liñares (3º ESO A)
A min este libro de Francisco Castro gustoume bastante polo entretido e gracioso que é. Usa expresións que empregamos nós mesmos na nosa idade e por iso se me fixo un libro moi fácil de ler, coma se estivera a falar cunha amiga.
Iris é unha rapaza que tivo un accidente e que espertou cun Dano Cerebral Adquirido (DCA), isto cambioulle a vida, xa que terá que volver aprender a facer moitas tarefas da vida cotiá.
Iris ten unha gran personalidade, é moi forte e independente mais ela o único que quere é que a traten normal, coma se fose unha adolescente máis. E iso só lle ocorre con Mario, un amigo dende a infancia, iso mesmo fai que el esperte sentimentos amorosos nela e que proximamente sexan mutuos. Mais un dos grandes problemas é a exparella de Iris, Chechu, un rapaz consentido, choromicas e que só quere chamar a atención.
Aínda que non o pareza, pola brevidade e comedia desta novela, en realidade hai moito que pensar e reflexionar, ademais de que o libro é moi actual. Moi relacionado coas redes sociais, coa imaxe, coa sociedade e coa imaxe que proxectamos nos demais. Un tema que temos moi presente na actualidade e que é moi interesante.
Para rematar comento que o libro en si é moi curto, lese moi rápido e ensínanos moito concentrado en poucas palabras.
Victoria Domínguez Marinho (3º ESO A)
Foi un libro que a min persoalmente me gustou bastante xa que ten unha historia moi bonita, e sobre todo conta unha historia moi realista xa que hai xente a diario que lle pasou o que lle pasou a Iris, e os seus personaxes encantáronme.
Para min o momento máis importante desta narración foi cando Iris ten o accidente e queda en coma varios meses xa que a partir desa escena a historia cambia radicalmente.
A min o personaxe que máis me gustou foi Iris xa que é unha rapaza moi lista e intelixente, e ademais é moi boa persoa, e o que me gustou moito dela foi a forza de vontade para intentar recuperarse do tráxico accidente que tivo.
Unha personaxe que tamén me gustou moito foi a mellor amiga de Iris, porque a apoiou coa precaria situación na que vivía Iris.
Ademais ten unha lingua moi doada de ler e enténdese moi ben. Por todo iso llo recomendo a todo o mundo.
Íker García Brea (3º ESO A)
Iridium gustoume moito xa que me parece moi fácil de ler e tamén era curto.
O que máis me gustou deste libro foi cando decidiron facer unha festa na que estaban convidados todos, porque é cando máis interesante se fixo o libro, tamén porque é onde ocorre o maior conflicto.
O momento que menos me gustou foi cando Iris contaba a súa historia do accidente de tráfico porque daba mágoa, tamén porque debido a iso Iris tivera que aprender a comer, a andar, a falar... Así que tivera que pasar un proceso duro e prolongado.
Os personaxes que aparecen son bos porque tratan a Iris da mesma maneira ca antes, todos menos Chechu. A xente tamén axuda a Iris e fan que o seu proceso sexa máis fácil e ameno.
Eu recomendaría moito este libro porque é fácil, entretido e para xente que lle guste ler é moi curto, tamén é recomendado para calquera persoa xa que ten non ten un léxico complicado.
Valeria Grela Bello (3º ESO B)
Este libro ten dous puntos importantes, un deles é que fala das redes sociais, un tema moi presente na adolescencia, e o outro punto son os conflitos e diferencias que ocorren tamén nesta complicada idade.
Non foi dificil de ler, a pesar dos seus saltos no tempo que fan desconcertarte un pouco, dáse lido ben e fácil.
Ten un contido moi interesante porque conta a felicidade, os dramas, os sustos… dunha rapaza dunha idade importante como é esta, as risas, os choros… todos os seus sentimentos para lograr que empatices con ela, que lle poñas máis interese ao libro e que che guste moito máis, enganchándote tanto que ata que non o acabas non o paras de ler.
Fai que te acabes vendo reflectida na protagonista, a cal que con todos os problemas que tivo seguiu adiante sen renderse.
En resume, un moi bo libro que aconsello a todo o mundo e todas as idades que o lea, xa que nunca é tarde para volver á túa adolescencia.
Carla Lema Domínguez (3º ESO B)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra A soidade do asasino, de Carlos G. Reigosa (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2018). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Valeria Grela Bello, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)