Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 22 de febrero de 2018

Fragmento de “Castellanos de Castilla” na voz de Tania Villasenín Bello (3º ESO)




Fragmento de Castellanos de Castilla” na voz de Tania Villasenín Bello (3º ESO), coa colaboración no papel de protagonista da súa curmá Antía Bello Liñares (4º Primaria). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

Castellanos de Castilla

Castellanos de Castilla,
Tratade ben ós gallegos;
Cando van, van como rosas,
Cando vên, vên como negros.

Cando foi, iba sorrindo;
Cando veu, viña morrendo;
A luciña d’os meus ollos,
O amantiño do meu peito.

Aquel máis que neve branco,
Aquel de doçuras cheyo,
Aquel por quen eu vivia
E sin quen vivir non quero.

Foi à Castilla por pan,
E saramagos lle deron,
Déronlle fel, por bebida,
Peniñas por alimento.

Déronlle en fin, canto amargo
Tén a vida no seu seo....
¡Castellanos, Castellanos!
Tendes corazón de ferro.

Ay! No meu corazonciño,
Xa non pode haber contento,
Qu’está de dolor ferido,
Qu’está de loito cuberto.

Morreu aquel qu’eu quería,
E, para min, n’hai consuelo,
Sólo hai para min, Castilla,
A mala lei que che teño. 

Premita Dios, castellanos,
castellanos que aborreso,
que antes os gallegos morran,
que ir a pedirvos sustento.
  
(...)