Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 12 de febrero de 2020

“A xusticia pola man” nas voces de Laura Codesido Fernández e súa nai Cristina Fernández López



“A xusticia pola man” nas voces de Laura Codesido Fernández (3º ESO) e súa nai Cristina Fernández López. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia


A xusticia pola man


Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

―――

Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.



“¡Follas novas! risa dame” nas voces de Ana Cebey de la Torre e a ex-alumna Alicia González Lage



“¡Follas novas! risa dame!” nas voces de Ana Cebey de la Torre (3º ESO) e a ex-alumna Alicia González Lage. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

¡Follas novas! risa dame


 ¡Follas novas! risa dame
Ese nome que levás,
Cal s'a un-ha moura ben moura,
Branca ll'oise chamar.



 Non Follas novas, ramallo
De toxos e silvas sôs,
Hirtas, com'as miñas penas,
Feras, com'á miña dor

 —

 Sin olido nin frescura,
Bravas magoás e ferís...
¡Se n'a gándara brotades,
Como non serés así!