Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 26 de febrero de 2018

“Cando penso que te fuches” na voz de Laura Pena Gutiérrez (3º ESO)


Cando penso que te fuches” na voz de Laura Pena Gutiérrez (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

Cando penso que te fuches

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.

“Agora cabelos negros” na voz de Uxía Iglesias Vázquez (3º ESO)


Agora cabelos negros” na voz de Uxía Iglesias Vázquez (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

Agora cabelos negros


Agora cabelos negros,
máis tarde cabelos brancos;
agora dentes de prata,
mañán chavellos querbados;
hoxe fazulas de rosas,
mañán de coiro enrugado.
Morte negra, morte negra,
cura de dores e engaños:
¿por qué non mata-las mozas
antes que as manten os anos?


Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de Martín Dafonte Rodríguez (3º ESO)


Primeira parte de Campanas de Bastabales” na voz de Martín Dafonte Rodríguez (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

Campanas de Bastabales


Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.


Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.


Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.


Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.


Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.


Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.