Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 15 de maio de 2023

Andel de Libros (XXIX): Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre

 


 

Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros. Marilar Aleixandre. Galaxia

Este libro gustoume bastante a pesar de ser unha historia fantástica. É unha historia que xa

lera, pero esta versión gustoume máis. Di cousas das que non me lembraba.

É un libro moi fácil de entender e ten un vocabulario comprensible e común.

Para min, o momento máis importante do libro foi cando Morxiana apuñalou o xefe dos

ladróns xa que é alí cando se fai xustiza por toda a xente á que lle roubaron e por Cassim.

A miña personaxe favorita é Morxiana xa que é moi lista e valente. E uns personaxes que

non me gustaron foron Cassim e a súa muller porque eran moi avariciosos e curiosos.

Para min o final é axeitado e non lle buscaría outro, pero o título é moi longo. Eu penso que

con poñerlle "Alí Babá" xa chegaría.

A relación da portada co título é que na portada sae Morxiana, un personaxe moi importante

ao longo do libro, e unhas moedas de ouro coma as que colle Alí Babá na cova dos ladróns.


Laura Noya Sánchez (3º ESO B)

 

Andel de Libros (XXVIII): O lobishome de Candeán, de Paula Carballeira

 


O lobishome de Candeán. Paula Carballeira. Galaxia

O libro trata do asasinato dunha rapaza chamada Elvira. Este asasinato produciuse un sabado á noite cando esta rapaza mais unha amiga chamada Silvia estaban de festa. Elvira marchou para o monte cun rapaz e non volveu á casa. Ao día seguinte atopárona morta e comesta polos lobos no monte de Candeán.

Esta novela aínda que trata un tema algo forte gustoume, xa que a autora conta a historia dunha forma que te engancha, e unha vez que comezas a ler o libro non podes parar ata acabalo.

Neste libro aparecen moitos personaxes, baixo o meu punto de vista os máis importantes son os seguintes: Elvira, xa que é a rapaza que morre asasinada; o lobishome, xa que é o protagonista, é quen mata á rapaza; o policía Manuel, xa que participou moito no arresto do lobishome, e a señora Balbina, xa que lle axudou moito ao policía Manuel coa investigación. Á parte igual que Manuel ten moitas intervencións na historia, sobre todo no desenlace.

Samuel Grela Seoane (3º ESO B)

 

Andel de Libros (XXVII): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao


 

Os vellos non deben de namorarse. Castelao. Galaxia

A min esta obra teatral Os vellos non deben de namorarse pareceume un libro moi interesante, emocionante e divertido de ler, xa que me rin moito con algunhas escenas.

Os meus personaxes favoritos foron os tres vellos porque parecéronme moi divertidos.

O momento que me máis me gustou foi cando os tres vellos acabaron xuntándose no cemiterio para dialogar da súa vida que tiveron.

Outra escena que tamén me gustou moito foi cando o primeiro vello fala coa morte en persoa e a última escena cómica que máis me encantou foi cando no segundo lance Don Ramón enfróntase aos seus pais.

O final da peza pareceume moi axeitado e a linguaxe desta obra é moi fácil de entender.

Eu recomendaría ler este libro teatral porque con el apréndese tamén unha morea de cousas (como era a vida de antes etc…).

Jorge Lavandeira Vilares (4º ESO)